Notas de prensa

Nasdrovia presenta no Salón Teatro a obra de Manuel Lourenzo Illa/Ollo

A compañía lucense de Gustavo Fouce e Simón Piñón actúa na sede do Centro Dramático Galego en Santiago de Compostela. Leva a escena este texto do último gañador do Premio Ãlvaro Cunqueiro da Agadic que ofrece unha dobre lectura –como traxedia e como farsa– do enfrontamento entre Ulises e Sileno nun contexto contemporáneo.

A compañía lucense de teatro Nasdrovia chega ao Salón Teatro de Santiago para poñer en escena ‘Illa/Ollo’, adaptación da obra ‘Illa’ de Manuel Lourenzo baixo a dirección de Roi Vidal. Gustavo Fouce e Simón Piñón dan vida sobre as táboas a Ulises e Sileno nunha revisión contemporánea desta historia clásica, que poderá verse na sede do Centro Dramático Galego (CDG) o venres 16 e o sábado 17 de decembro, ás 20.30 horas.

Nesta montaxe, o enfrontamento entre Ulises e Sileno cando o rei de Ãtaca está encerrado na cova do ciclope Polifemo achégalle ao público como a loita heroica contra o monstruoso se traslada á sociedade actual. Ademais, a versión de Nasdrovia converte o texto curto ‘IllaÂ’ en ‘Illa/OlloÂ’ para ofrecer dúas aproximacións diferentes a este enfrontamento: en primeiro lugar como traxedia e en segundo, como farsa.

Para esta nova produción, a compañía bota man de dous nomes que representan a historia do teatro galego profesional e os novos valores da escena galega actual: Manuel Lourenzo e Roi Vidal, gañadores respectivamente da última edición dos premios Ãlvaro Cunqueiro para textos teatrais e Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques na modalidade de adultos, ambos convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturias (Agadic).

A posta en escena relaciona aberta e directamente este episodio do drama satírico de Eurípides con algúns dos temas vixentes nos nosos días, como os perigos do mundo do mar, o conformismo social ou a crise do sistema capitalista. Así, o texto pode lerse como unha metáfora da confrontación entre unha ideoloxía loitadora (Ulises) e outra conformista (Sileno) perante as inxustizas dunha opresión (Polifemo).

Público adolescente

O espectáculo está recomendado a partir dos 13 anos de idade e especialmente ideado para lle achegar aos espectadores adolescentes unha historia clásica desde un contexto contemporáneo.

Gustavo Fouce e Simón Piñón son os integrantes da compañía Nasdrovia, con sede creativa en Lugo, que con este espectáculo retoma a súa actividade despois dun par de anos centrada en diferentes proxectos educativos. Os seus compoñentes teñen colaborado, ademais, con outras formacións como Mircromina Títeres de Mondoñedo, ArtesaCía da Coruña ou Yázabro de Lugo.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-12-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-ordenador.jpg) A Formación Profesional galega contará a partir do vindeiro curso co dobre de inglés do marcado como mínimo na normativa básica estatal e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación práctica, ata un 82% máis que ata o momento. Todo isto mantendo o peso da formación no centro educativo, cuxo profesorado é o piar fundamental do éxito acadado polo sistema galego de FP nos últimos anos. O modelo de FP de éxito tense adiantado e implementado moitos dos cambios que agora o Ministerio toma como sistema a imitar en toda España. Polo tanto a aplicación da nova lei vai ser flexible, de tal forma que en Galicia se manteña a excelencia e se incorporen as novidades.
Foto de la tercera plana (tecnologia.jpg) Foi presentado o evento The Way Startup Summit 2024, que un ano máis convertirá a Vigo no maior foro de emprendemento, innovación e investimento no Noroeste de España e cita de referencia a nivel nacional. O programa de They Way contempla tres grandes escenarios ao redor da innovación, o emprendemento e o investimento, así como a organización de espazos de networking entre os asistentes, co obxectivo de que establezan contactos, intercambien coñecementos e propíciense sinerxias entre eles. The Way desenvolverase os días 9 e 10 de maio abordando temas como os retos de futuro das FinTech, da mobilidade, da alimentación, do retail, do turismo, do deporte ou do téxtil, entre outras áreas.

Notas

Desde maio de 2022, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel desenvolve un proxecto financiado polo Instituto Internacional de Ciencias Espaciais sobre os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suíza de Berna, a súa segunda xuntanza, na que avalían os avances no seu traballo.
O grupo de investigación sobre Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI da UDC organiza o seminario internacional 'Trafficking in Cultural Property: A Criminological Perspective', un encontro que terá lugar o próximo 30 de abril no salón de graos da Facultade de Dereito da Coruña. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto 'Horizon Europe RITHMS' (Research, Intelligence and Technology for Heritage and Market Security).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES