Notas de prensa

María Xosé Agra reflexiona nun ensaio sobre o sentido da xustiza e a igualdade

No seu novo ensaio, ¿Olvidar a Clitemnestra? Sobre justicia e igualdad, a profesora María Xosé Agra reflexiona sobre o sentido da xustiza e a igualdade. As 222 páxinas ofrecen “reflexión e interrogación que tento trasladar para que a xente pense comigo ou contra min”, porque “para ser quen de abordar conflitos hai que escoitar á outra parte”.

“Vinganza e xustiza marcan o comezo e constitúen unha boa parte das reflexións que pretendo suscitar con este libro, que non son outras que rastrexar as dimensións, os xiros da xustiza, as conexións entre xustiza e democracia, a articulación de cooperación pacífica e igualdade democrática tomando como fío condutor a xustiza e a súa relación coa igualdade, coa idea do igual valor humano, co trato igual e co ser tratados como iguais”. O parágrafo corresponde ao texto introdutorio da profesora María Xosé Agra Romero presentando o que é o seu último traballo editorial. Como a súa propia autora destaca, “a xustiza, quizais o problema máis antigo da filosofía política”, é o núcleo de ¿Olvidar a Clitemnestra? Sobre justicia e igualdad , “un ensaio que desprega interrogantes ante o desconcerto, os medos, as incertezas e vulnerabilidades do mundo contemporáneos, páxinas que provocan reflexións sobre a xustiza e a igualdade”.

A catedrática de Filosofía Política María Xosé Agra, xunto coa vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Ãlvarez Pérez, e o director do Servizo de de Publicacións, Juan Blanco Valdés, presentaron o libro o martes 22 de novembro no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. O fío condutor da obra é a xustiza democrática e a igualdade, tomando como punto de partida a lección de Esquilo. Neste senso, María Xosé Agra considera que as achegas da filosofía feminista, das teóricas da xustiza constitúen un lugar privilexiado, nin exclusivo nin excluínte, para comprender a complexidade e os dilemas dunha política democrática e dunha sociedade máis xusta.

Tal e como a autora puxo de manifesto no acto público de presentación, as 222 páxinas do seu novo libro ofrecen “reflexión e interrogación que tento trasladar para que a xente pense comigo ou contra min”, porque “para ser quen de abordar conflitos hai que escoitar á outra parte, xa que oír a voz dos outros/as está no cerne da xustiza”.

María Xosé Agra

Catedrática de Filosofía Política na Facultade de Filosofía da USC, a liña de investigación da profesora Agra céntrase na filosofía política contemporánea, nas teorías da xustiza e na teoría crítica feminista. É autora de libros e artigos en revistas especializadas sobre xustiza, igualdade, cidadanía, multiculturalismo, vulnerabilidade e violencia.

USC editora

Herdeira da vella colección Monografías da USC —que entre 1971 e 2009 publicou 219 títulos—, USC Editora é unha iniciativa editorial creada en 2009. A través das series Académica, Clave, Cuadernos de Español como Lengua Extranjera, Ensaio, Manuais e Textos, concíbese como un selo comercial da USC rexistrado como marca europea que, dentro do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, proporciona canle editorial a unha serie de publicacións sometidas a un sistema propio de avaliación por pares externos á USC. O selo conta, ademais, cun elenco estable de editores internos, que someten os orixinais a unha avaliación previa.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, 2016-11-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-ordenador.jpg) A Formación Profesional galega contará a partir do vindeiro curso co dobre de inglés do marcado como mínimo na normativa básica estatal e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación práctica, ata un 82% máis que ata o momento. Todo isto mantendo o peso da formación no centro educativo, cuxo profesorado é o piar fundamental do éxito acadado polo sistema galego de FP nos últimos anos. O modelo de FP de éxito tense adiantado e implementado moitos dos cambios que agora o Ministerio toma como sistema a imitar en toda España. Polo tanto a aplicación da nova lei vai ser flexible, de tal forma que en Galicia se manteña a excelencia e se incorporen as novidades.
Foto de la tercera plana (tecnologia.jpg) Foi presentado o evento The Way Startup Summit 2024, que un ano máis convertirá a Vigo no maior foro de emprendemento, innovación e investimento no Noroeste de España e cita de referencia a nivel nacional. O programa de They Way contempla tres grandes escenarios ao redor da innovación, o emprendemento e o investimento, así como a organización de espazos de networking entre os asistentes, co obxectivo de que establezan contactos, intercambien coñecementos e propíciense sinerxias entre eles. The Way desenvolverase os días 9 e 10 de maio abordando temas como os retos de futuro das FinTech, da mobilidade, da alimentación, do retail, do turismo, do deporte ou do téxtil, entre outras áreas.

Notas

Desde maio de 2022, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel desenvolve un proxecto financiado polo Instituto Internacional de Ciencias Espaciais sobre os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suíza de Berna, a súa segunda xuntanza, na que avalían os avances no seu traballo.
O grupo de investigación sobre Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI da UDC organiza o seminario internacional 'Trafficking in Cultural Property: A Criminological Perspective', un encontro que terá lugar o próximo 30 de abril no salón de graos da Facultade de Dereito da Coruña. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto 'Horizon Europe RITHMS' (Research, Intelligence and Technology for Heritage and Market Security).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES