Notas de prensa

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia lamenta a perda de Fran Pérez 'Narf'

A Xunta Directiva da AAAG lembra o músico e o seu traballo no mundo escénico, no que deixou fonda pegada ao poñerlle á música orixinal a un gran número de montaxes teatrais das compañías do país. Narf foi un dos fundadores da Sala Nasa e foi galardoado con catro Premios María Casares por espectáculos como Río Bravo ou Sidecar.

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) quere manifestar o seu pesar polo falecemento do músico Fran Pérez 'Narf'. Para a Xunta Directiva da AAAG, a marcha de Narf “é unha gran perda para a nosa cultura, para a nosa música e, tamén, para o noso teatro”. Neste sentido, a Xunta Directiva da AAAG subliña “a súa gran implicación coas artes escénicas” e o seu traballo nun gran número de compañías, “que tiveron a sorte de contar coa súa música orixinal nos seus espectáculos”.

Proba do recoñecemento e o agarimo que sentía a profesión escénica por Narf atópase nos catro Premios María Casares á Mellor Música Orixinal que recibiu polos espectáculos Finis Mundi Circus, de Mofa e Befa (xunto a Piti Sanz) (1999); Río Bravo'02 (2003), de Chévere; Sidecar (2004), de Belmondo, e O segredo dos Hoffman (2010), de Lagarta Lagarta. Ademais, estivo nomeado aos Premios María Casares noutras catro ocasións.

A Xunta Directiva da AAAG lembra así “a un gran compañeiro e a un gran artista que deixou fonda pegada en todos e todas nós -tanto artística como afectivamente- a través dos seus discos, das súas composicións, dos seus concertos”. “A súa música acompañaranos sempre, ao igual que a súa lembranza. A súa presenza nos escenarios, tanto de música coma de teatro, resulta inesquecibles”, sinala a Xunta Directiva,

Fran Pérez Narf

Fran Pérez Narf (Silleda, 1968) converteuse ao longo da súa carreira non dos nomes máis destacados do panorama musical galego. Dende moi novo, formou parte dos proxectos máis innovadores da nosa música. Así, participou das bandas Psicofónica de Conxo, Os Quinindiolas ou Nicho Varullo. Ao longo da súa carreira publicou discos en solitario como Narf. Directo en Compostela (2003), Tótem (2007) e Nas tardes escuras (2013).

Como músico inquieto, Narf sempre quixo establecer contacto creativo con outros artistas, outras sensibilidades, outras músicas. Así, publicou discos como Alô irmao! (2010) xunto a Manecas Costa, ou Mundo café (2003) xunto a Javier Muguruza e Miquel Gil. O ano pasado, en 2015, publicou xunto a Uxía Baladas da Galiza imaxinaria. En outubro deste mesmo ano, durante o Womex que tivo lugar en Santiago, presentou o seu proxecto conxunto cos mozambicanos Timbila Muzimba nun concerto no Teatro Principal.

No mundo escénico, Narf foi un dos fundadores da Sala Nasa e compuxo a música orixinal de moitas obras de teatro. Traballou así, ademais de con Chévere, con compañías como Lagarta Lagarta, Teatro do Atlántico, Ollomoltranvía ou o Centro Dramático Galego. Ao longo da súa carreira, acadou oito nomeacións á mellor música orixinal nos Premios María Casares, dos cales recibiu catro.

Alberto Ramos, 2016-11-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (20240510-xunta.JPG) Tivo lugar unha xornada de debate organizada pola Fundación Galicia Europa (FGE) no marco da celebración do Día de Europa co obxectivo de abordar coa mocidade universitaria o estado actual do proxecto de construción europea. No evento colaboraron a asociación xuvenil Equipo Europa e a asociación de debate universitario Retórica da Universidade de Vigo. No evento tratouse o impacto da Unión Europea e das eleccións ao Parlamento Europeo do próximo xuño. A fundación ten en marcha unha campaña en redes sociais para informar á cidadanía galega sobre o traballo das institucións da UE e sobre o seu impacto en Galicia. En liña co seu compromiso con achegar a Unión á xuventude, patente na iniciativa EuroXuventude, a campaña estará principalmente destinada á mocidade.
Foto de la tercera plana (outras-historias-posibles.jpg) A Cidade da Cultura de Galicia reivindica na exposición 'Outras historias posibles' a obra de seis artistas contemporáneas vinculadas a Galicia que despuntaron nos anos 80 do pasado século. A mostra, que abrirá a súas portas no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura a finais deste mes de maio, reúne unha ampla escolma dos traballos de Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré co obxectivo de celebrar o seu talento e contextualizar a súa obra, atendendo tanto ás influencias do contexto histórico como aos eventos da vida privada que determinaron o seu devir artístico.

Notas

Representantes dunha trintena de universidades españolas déronse cita en Vigo para avanzar na protección dos dereitos e no compromiso coa diversidade cultural, sexual e de xénero. Fixérono no cuarto encontro da Red de Universidades pola Diversidade, o órgano de representación das universidades españolas en diversidade sexual e de xénero (orientación sexual, diversidade corporal, afectiva, identidade de xénero e expresión de xénero) e diversidade por procedencia, cultura, crenza e afíns.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega aprobou o nomeamento de Joseba Sarrionandia, escritor vasco, como Escritor Galego Universal en 2024, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade da súa obra, así como por defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional de Euskadi. Joseba Sarrionandía (Bizkaia, 1958), formou parte nos anos oitenta da banda literaria Pott, xunto con Bernardo Atxaga, Jon Juaristi e Ruper Ordorika.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES