Notas de prensa

A paisaxe na poesía de Manuel María centra un relatorio na Casa do Saber

A paisaxe na obra poética de Manuel María centra a temática do relatorio que ofrece no auditorio da Casa do Saber da USC o profesor do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da USC, Roxelio Pérez Moreira. O relatorio permitirá afondar e analizar a relación vital que de mantivo o cantor da Terra Chá coa paisaxe na súa obra.

A intervención de Pérez Moreira desenvolverase no marco dunha sesión aberta á participación de todo o público interesado e de carácter gratuíto e serve de apertura do ciclo de charlas promovido pola Asociación do IV Ciclo Universitario do campus de Lugo, un programa que terá continuidade ao longo do presente curso académico.

A temática escollida para este relatorio permitirá afondar e analizar a relación vital que de sempre mantivo o cantor da Terra Chá coa paisaxe e tamén a incidencia deste feito na súa obra escrita. “Manuel María, ao longo da súa vida, habitou paisaxes sereas e plácidas, pero hai unha constante nas paisaxes da súa vida, xa que en todas elas domina a horizontalidade: nas da súa Terra Chá natal, nas da planicie de Monforte, e nas da beiramar da Coruña, coa chaira mariña como derradeiro horizonte”, sinala Pérez Moreira, quen tamén explicará no seu relatorio as etapas e estados anímicos diferentes que denota o paisaxismo na poética de Manuel María.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2016-11-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (20240510-xunta.JPG) Tivo lugar unha xornada de debate organizada pola Fundación Galicia Europa (FGE) no marco da celebración do Día de Europa co obxectivo de abordar coa mocidade universitaria o estado actual do proxecto de construción europea. No evento colaboraron a asociación xuvenil Equipo Europa e a asociación de debate universitario Retórica da Universidade de Vigo. No evento tratouse o impacto da Unión Europea e das eleccións ao Parlamento Europeo do próximo xuño. A fundación ten en marcha unha campaña en redes sociais para informar á cidadanía galega sobre o traballo das institucións da UE e sobre o seu impacto en Galicia. En liña co seu compromiso con achegar a Unión á xuventude, patente na iniciativa EuroXuventude, a campaña estará principalmente destinada á mocidade.
Foto de la tercera plana (outras-historias-posibles.jpg) A Cidade da Cultura de Galicia reivindica na exposición 'Outras historias posibles' a obra de seis artistas contemporáneas vinculadas a Galicia que despuntaron nos anos 80 do pasado século. A mostra, que abrirá a súas portas no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura a finais deste mes de maio, reúne unha ampla escolma dos traballos de Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré co obxectivo de celebrar o seu talento e contextualizar a súa obra, atendendo tanto ás influencias do contexto histórico como aos eventos da vida privada que determinaron o seu devir artístico.

Notas

Representantes dunha trintena de universidades españolas déronse cita en Vigo para avanzar na protección dos dereitos e no compromiso coa diversidade cultural, sexual e de xénero. Fixérono no cuarto encontro da Red de Universidades pola Diversidade, o órgano de representación das universidades españolas en diversidade sexual e de xénero (orientación sexual, diversidade corporal, afectiva, identidade de xénero e expresión de xénero) e diversidade por procedencia, cultura, crenza e afíns.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega aprobou o nomeamento de Joseba Sarrionandia, escritor vasco, como Escritor Galego Universal en 2024, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade da súa obra, así como por defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional de Euskadi. Joseba Sarrionandía (Bizkaia, 1958), formou parte nos anos oitenta da banda literaria Pott, xunto con Bernardo Atxaga, Jon Juaristi e Ruper Ordorika.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES