Notas de prensa

Agadic e 16 compañías promoven a escena de Galicia na Feira Mercartes Valladolid

O stand GaliciaÉscena é o epicentro da actividade comercial e de difusión dos espectáculos producidos en Galicia no principal mercado do sector en Españal. Participan, entre otros, Baobab Teatro, Contraproducións, Culturactiva, Elefante Elegante, Eme2, Chévere, Ibuprofeno Teatro e ilMaquinario, La Yogurtera, Nova Galega de Danza, Odaiko e Pistacatro.

GaliciaÉscena é o lema do stand que centraliza a actividade comercial e promocional da produción escénica galega na sexta edición de Mercartes, un dos principais mercados do sector a nivel estatal, que se desenvolve ata o día 11 en Valladolid. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Educación promove esta primeira delegación profesional galega ao encontro, da que tamén forman parte 16 compañías e a asociación Escena Galega.

Todas elas responderon positivamente á convocatoria da Agadic para contar cun espazo de difusión propio nesta cita, cuxo obxectivo é promover acordos comerciais entre os distintos axentes públicos e privados que interveñen nos procesos de produción, distribución e exhibición. Así mesmo, Mercartes serve de escaparate para lle amosar á cidadanía a vitalidade creativa das artes escénicas e a súa contribución ao desenvolvemento social e económico.
Impulso da distribución exterior

Con esta mesma finalidade, a Xunta pon á disposición das compañías galegas o stand ‘GaliciaÉscena’ como epicentro para promover as súas últimas producións e desenvolver xuntanzas profesionais encamiñadas a impulsar a presenza nos escenarios de toda España do teatro, a danza e o novo circo feitos en Galicia. Neste mesmo sentido traballan xa os representantes das 16 empresas que integran esta delegación xunto coa Agadic e Escena Galega: Baobab Teatro, Contraproducións, Culturactiva, Elefante Elegante, eme2emoción&arte, Grupo Chévere, Ibuprofeno Teatro, ilMaquinario, Javier Martín, La Yogurtera, Limiar Teatro-EsteOeste-Crémilo, Nova Galega de Danza, Odaiko, Pistacatro Produtora de Soños, Sarabela Teatro e Voadora.

Esta relación de compañías dá conta do dinamismo e da variedade da produción escénica galega, con espectáculos para público infantil e adulto e propostas innovadoras tanto a partir de dramaturxias contemporáneas como clásicas.

Colaboración da D.O. Ribeiro

A Agadic conta, ademais, coa colaboración do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro para apoiar a actividade promocional desde o stand ‘GaiciaÉscena’ cun viño galego.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-11-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (20240510-xunta.JPG) Tivo lugar unha xornada de debate organizada pola Fundación Galicia Europa (FGE) no marco da celebración do Día de Europa co obxectivo de abordar coa mocidade universitaria o estado actual do proxecto de construción europea. No evento colaboraron a asociación xuvenil Equipo Europa e a asociación de debate universitario Retórica da Universidade de Vigo. No evento tratouse o impacto da Unión Europea e das eleccións ao Parlamento Europeo do próximo xuño. A fundación ten en marcha unha campaña en redes sociais para informar á cidadanía galega sobre o traballo das institucións da UE e sobre o seu impacto en Galicia. En liña co seu compromiso con achegar a Unión á xuventude, patente na iniciativa EuroXuventude, a campaña estará principalmente destinada á mocidade.
Foto de la tercera plana (outras-historias-posibles.jpg) A Cidade da Cultura de Galicia reivindica na exposición 'Outras historias posibles' a obra de seis artistas contemporáneas vinculadas a Galicia que despuntaron nos anos 80 do pasado século. A mostra, que abrirá a súas portas no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura a finais deste mes de maio, reúne unha ampla escolma dos traballos de Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré co obxectivo de celebrar o seu talento e contextualizar a súa obra, atendendo tanto ás influencias do contexto histórico como aos eventos da vida privada que determinaron o seu devir artístico.

Notas

Representantes dunha trintena de universidades españolas déronse cita en Vigo para avanzar na protección dos dereitos e no compromiso coa diversidade cultural, sexual e de xénero. Fixérono no cuarto encontro da Red de Universidades pola Diversidade, o órgano de representación das universidades españolas en diversidade sexual e de xénero (orientación sexual, diversidade corporal, afectiva, identidade de xénero e expresión de xénero) e diversidade por procedencia, cultura, crenza e afíns.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega aprobou o nomeamento de Joseba Sarrionandia, escritor vasco, como Escritor Galego Universal en 2024, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade da súa obra, así como por defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional de Euskadi. Joseba Sarrionandía (Bizkaia, 1958), formou parte nos anos oitenta da banda literaria Pott, xunto con Bernardo Atxaga, Jon Juaristi e Ruper Ordorika.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES