Notas de prensa

Margarita Ledo Andion, recoñecida co premio Ramón Piñeiro-Facer País

Cineasta, catedrática da Universidade de Santiago, escritora ou académica da RAG, Margarita Ledo Andión é galardoada co premio Ramón Piñeiro, Facer País en recoñecemento ao seu traballo a prol da lingua e da cultura galegas. Touriñán e Pereiro, xunto con Leilía na música, gañan o Premio Rebulir 2016.

Os méritos de Margarita Ledo Andión son moitos e variados, e a Asociación Cultural Val de Láncara acaba de os recoñecer co premio Ramón Piñeiro, Facer país. A sede do Consello da Cultura Galega en Santiago acollía esta mañá a presentación do fallo da décimo quinta xeira do galardón, que recoñece o labor dunha persoa ou entidade galega a favor do desenvolvemento da comunidade. Os responsables do premio, que convoca a Asociación Cultural Val de Láncara en colaboración con diferentes entidades desta comarca, destacaron o compromiso de Ledo "con Galicia na súa actividade profesional como xornalista, escritora, docente e cineasta" ao tempo que destacaron o seu papel como "partícipe fundamental no activo proceso de dignificación e renovación dos valores propios da cultura galega, con especial atención á presenza da lingua nos novos medios de comunicación". O acto de entrega terá lugar na primeira quincena de novembro no concello de Láncara.

O xurado dos Premios Rebulir deu a coñecer os galardoados na edición deste ano. Leilía, grupo que consideran un "referente" viu recoñecido o seu labor de proxección "da cultura galega dentro e fora das nosas fronteiras, atendendo sempre a rigurosidade e fidelidade coa tradición, pero sen perder de vista a innovación nos seus traballos". Ao tempo, acordou recoñecer no campo do patrimonio oral o dúo artístico formado por Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro, "polo mantemento, difusión e posta en valor do humor con raigame tradicional e en galego". Os galardóns entragaranse no marco da Gala Central do Festival Internacional Rebulir, programada para o sábado 17 de decembro no Polideportivo de O Picouto, en Ramirás.

A organización do festival Rebulir quere recoñecer con estes premios "a persoas/colectivos que contribúan á difusión e posta en valor da cultura tradicional nas súas diferentes manifestacións. Un dos aspectos que defende este galardón é a proxección do nome de Ourense e de Galicia alén das súas fronteiras, facendo fincapé no establecemento de vínculos interculturais e de raíz".

Cultura Galega, 2016-10-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES