Notas de prensa

A obra gráfica de José María Cao, exhíbese na Valente até o 8 de agosto

A figura do artista de Cervo José María Cao, “o galego patriarca da caricatura arxentina”, que influíu en autores como Castelao, é recoñecida en toda América Latina. Na presentación da exposición que se pode visitar na Valente ata o 8 de agosto, o alcalde de Ourense lamentou a perda do escritor Fernández Paz para a cultura galega.

A través das súas ilustracións nas páxinas do diario Don Quijote, primeiro, e Caras y caretas, despois, foi un dos grandes nomes do xornalismo arxentino e influíu, atravesando o Atlántico, en nomes tan capitais para a cultura galega coma o de Castelao. Quen fai esta afirmación non é outro que Siro López, artista de banda deseñada en prensa e comisario da exposición José María Cao Luaces, un galego patriarca da caricatura arxentina, que se poderá ver na sala Valente de Ourense até o 8 de agosto da man do Clube de Prensa de Ferrol e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, e que foi presentada esta mañá.

“A exposición reúne 40 caricaturas que poñen de manifesto as distintas etapas polas que pasou o seu creador”, dicía o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, na presentación. “Obras que permiten admirar o talento e a habilidade dun debuxante excepcional que se erixiu como un dos grandes creadores desta forma de arte no seu tempo”. Pero a influencia de Cao Luaces é tan potente que chega a figuras tan dispares como Castelao ou Quino, motivo polo que desde a Secretaría Xeral de Cultura “existe este interese por divulgar a figura dun galego que foi tan importante no seu tempo e que chegará até a súa localidade natal”, dicía o seu titular, Anxo Lorenzo, na presentación.

Aproveitando a ocasión, alcalde e secretario xeral manifestaron a súa dor pola perda de Agustín Fernández Paz. “A literatura infantil e xuvenil en galego sofre hoxe unha inestimable perda, pero de seguro que entre os seus milleiros de lectores agromará a semente que prantou na súa basta obra e o legado de Fernández Paz terá continuación”, dixo o alcalde.

A obra de José María Cao pode visitarse na sala Valente (Paseo, 20) de martes a sábado en horario de 11:00 a 13.30 horas e de 18:30 a 21:30 horas, e os domingos só en horario de mañá.

Gabinete de Comunicación do Concello de Ourense, 2016-07-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (medio-ambiente.jpg) Os apoios, que poden chegar aos 3 millóns de euros por proxecto, son de ata o 45% do investimento subvencionable no caso dos proxectos de grandes empresas, mentres que no caso das pemes serán do 45% ou do 55% en función da porcentaxe de redución de emisións xustificada. Con estas axudas que xestiona o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) búscase incentivar a transformación ecolóxica da actividade industrial de cara a unha economía baixa en carbono e a súa competitividade nun mercado global, diminuíndo o consumo de enerxía e promovendo a introdución da mellor tecnoloxía dispoñible. Ao mesmo tempo, estas axudas que se enmarcan na Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050 e na Axenda Enerxética de Galicia 2030 contribúen a reactivar e dinamizar a economía da provincia tras o peche das centrais térmicas.
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

Achegar á cidadanía o traballo do persoal investigador da Universidade e os beneficios dos seus estudos para o avance da sociedade, así como contribuír ao fomento de vocacións científicas. Estes son os obxectivos da expo-feira A ciencia que vén, que a UVigo organizará por primeira vez en Pontevedra o 31 de maio. A praza da Ferraría acollerá 14 carpas nas que grupos de investigación ofrecerán unha serie de obradoiros e actividades, dirixidas a un público familiar, que permitirán achegarse dun xeito lúdico e divertido ás aplicacións dos seus traballos en múltiples ámbitos.
A UDC inaugurou na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas, o Congreso Internacional Emerging Trends in Applied Mathematics and Mechanics 2024. No programa figuran charlas de temas de especial interese e máxima actualidade como o derretemento das capas de xeo, que aborda un dos problemas ambientais máis críticos do noso tempo, vital para prever e mitigar os impactos do cambio climático.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES