Notas de prensa

O Comité Económico e Social Europeo debate na USC como mellorar a promoción de empresas innovadoras

O Comité Económico e Social Europeo (CESE) elixiu a USC como sede da audiencia pública e xuntanza da súa sección especializada de Unión Económica e Monetaria e Cohesión Económica e Social (ECO), e ten como lema Promover as empresas innovadoras e rápido crecemento.

O obxectivo da xuntanza é impulsar a actuación en favor das empresas emerxentes, explorando as boas prácticas que xa se están aplicando a nivel nacional e europeo así como a maneira de desenvolver novas formas de colaboración entre universidades e as empresas innovadoras e de rápido crecemento. O encontro, inaugurado no Centro de Estudos Avanzados da USC polo reitor Juan Viaño, o presidente de ECO, Joost van Iersel, e o alcalde do Concello de Santiago, Martiño Noriega, permite debater as medidas necesarias para abordar o problema do acceso ao financiamento, as cargas administrativas e a realización do mercado único dixital da UE, encamiñadas todas elas a facer da UE un polo de atracción para o talento e o espírito empresarial.

O obxectivo da xuntanza é impulsar a actuación en favor das empresas emerxentes, explorando as boas prácticas que xa se están aplicando a nivel nacional e europeo así como a maneira de desenvolver novas formas de colaboración entre universidades e as empresas innovadoras e de rápido crecemento. O encontro permitirá debater as medidas necesarias para abordar o problema do acceso ao financiamento, as cargas administrativas e a realización do mercado único dixital da UE, encamiñadas todas elas a facer da UE un polo de atracción para o talento e o espírito empresarial.

Como puxo de manifesto durante a inauguración o reitor Juan Viaño considera a temática desta reunión “clave para o progreso e benestar social”. Dixo “é un tema de extrema importancia para toda a sociedade que, hoxe máis que nunca, necesita de máis e mellores empresas”. Neste contexto, o reitor destacou que as universidades “facemos importantes esforzos por promover a excelencia investigadora” e puxo como exemplo o Campus de Excelencia Internacional Campus Vida e o recén creado Campus Terra, que “dota ao Campus de Lugo cunha identidade científica propia” especializada nas ciencias agroalimentarias, veterinarias e forestais, ademais do proxecto para desenvolver un Campus da Cidadanía, especializado en Ciencias Sociais e Humanidades.

“A creación de empresas universitarias, o emprendemento universitario, é un catalizador de incuestionable eficacia no proceso de transferencia de coñecemento dende a universidade á sociedade”, polo que “temos o deber de promover a iniciativa emprendedora entre os nosos investigadores e de facilitarlle un entorno propicio para a maduración das tecnoloxías”, engadiu Viaño. A posta en marcha en 1999 da incubadora de empresas Uninova ou a creación da primeira Sociedade de Capital Risco de carácter universitario de España –Unirisco- ou de Uninvest –de financiamento de spin-off universitarias de toda España- foron algúns dos exemplos sinalados polo reitor compostelán como mostra do esforzo realizado pola USC para apoiar a promoción de empresas innovadoras. A experiencia acumulada neste anos permitiunos “aprender e constatar que se realmente queremos crear e consolidar un tecido empresarial altamente innovador e que mellore a competitividade das nosas economías, a universidade non pode xogar un papel secundario”.

Logo da quenda de intervencións previstas para o longo da sesión matinal no Centro de Estudos Avanzados, o grupo desprázase pola tarde ao Campus de Excelencia Internacional da USC, Campus Vida, para coñecer o labor desenvolvido pola USC a través do edificio Emprendia e no Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS). Ademais, visitarán as instalacións de dúas empresas xurdidas a partir de proxectos de investigación da universidade compostelán: Nanogap, dedicada a nanomateriais e baseada nunha plataforma tecnolóxica de química mollada controlada con precisión, e Neoker, sociedade para a produción de fibras de alúmina monocristalinas para o esforzo de composites de altas prestacións.

O CESE é un foro único de consulta, diálogo e consenso entre representantes de todos os sectores diferentes da sociedade civil, incluíndo empresariado, sindicatos e entidades como asociacións profesionais e comunitarias, organizacións xuvenís, grupos de mulleres, consumidores ou ecoloxistas, entre outros. A súa misión é contribuír a garantir que a elaboración de políticas e a lexislación da UE sexan máis democráticas e eficaces e reflictan autenticamente as necesidades dos cidadáns europeos.

O Comité presta asesoramento ao Parlamento Europeo, ao Consello e á Comisión Europea e os seus ditames inflúen verdadeiramente na elaboración das políticas da UE.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2016-07-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (medio-ambiente.jpg) Os apoios, que poden chegar aos 3 millóns de euros por proxecto, son de ata o 45% do investimento subvencionable no caso dos proxectos de grandes empresas, mentres que no caso das pemes serán do 45% ou do 55% en función da porcentaxe de redución de emisións xustificada. Con estas axudas que xestiona o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) búscase incentivar a transformación ecolóxica da actividade industrial de cara a unha economía baixa en carbono e a súa competitividade nun mercado global, diminuíndo o consumo de enerxía e promovendo a introdución da mellor tecnoloxía dispoñible. Ao mesmo tempo, estas axudas que se enmarcan na Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050 e na Axenda Enerxética de Galicia 2030 contribúen a reactivar e dinamizar a economía da provincia tras o peche das centrais térmicas.
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

Achegar á cidadanía o traballo do persoal investigador da Universidade e os beneficios dos seus estudos para o avance da sociedade, así como contribuír ao fomento de vocacións científicas. Estes son os obxectivos da expo-feira A ciencia que vén, que a UVigo organizará por primeira vez en Pontevedra o 31 de maio. A praza da Ferraría acollerá 14 carpas nas que grupos de investigación ofrecerán unha serie de obradoiros e actividades, dirixidas a un público familiar, que permitirán achegarse dun xeito lúdico e divertido ás aplicacións dos seus traballos en múltiples ámbitos.
A UDC inaugurou na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas, o Congreso Internacional Emerging Trends in Applied Mathematics and Mechanics 2024. No programa figuran charlas de temas de especial interese e máxima actualidade como o derretemento das capas de xeo, que aborda un dos problemas ambientais máis críticos do noso tempo, vital para prever e mitigar os impactos do cambio climático.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES