Notas de prensa

Arrancan os Atardeceres con McEnroe, Novedades Carminha e Alondra Bentley

O ciclo de concertos volve do 7 de xullo ao 27 de agosto á praza central da Cidade da Cultura con actuacións todos os xoves, venres e sábados a partir das 21h. Como novidade, esta sexta edición conta con catro proxeccións audiovisuais precedidas dunha sesión DJ: Taking Woodstock, The Commitments, Sigur Rós-Heima e unha homenaxe a David Bowie.

Atardecer no Gaiás, o ciclo de concertos e cine ao aire libre da Cidade da Cultura, volve o xoves, 7 de xullo, a poñerlle banda sonora ás tardiñas do verán. Por sexto ano consecutivo, a praza central do Gaiás convértese no mellor escenario no que gozar do solpor ao ritmo das bandas máis destacadas do momento. McEnroe, Novedades Carminha e Alondra Bentley serán os encargados de abrir unha carteleira, que este ano inclúe proxeccións audiovisuais como novidade.

‘Atardecer no Gaiás’ arranca por todo o alto cunha das mellores bandas de música independiente do país: McEnroe, que chega ao Gaiás co seu quinto disco baixo o brazo, ‘Rugen las flores’, once cancións de vendaval emocional, momentos de luz, electricidade, melancolía e soidade.

Tras a sesión inaugural, ‘Atardecer no Gaiás’ recibirá o venres, 8 de xullo, a Novedades Carminha no seu escenario. A irreverencia como sinal de identidade e cancións pegadizas, acedas e gamberras como fórmula para ser, como reza o seu último disco, Campeones del mundo. Así son Novedades Carminha, que chega á Cidade da Cultura para dalo todo e, como non, para facervos bailar.

à actuación de Novedades Carminha seguirá unha festa na Cantina do Gaiás, cunha sesión DJ a cargo de Rafa Morcego, con máis rock and roll para continuar a noite.

O cartel desta semana péchase con coa voz case divina de Alondra Bentley, esta cantautora que escribe cancións que trascenden xéneros e nacionalidades. O seu solpor estará cheo de letras delicadas e deliciosas do seu último disco Rosolutions, con son máis pop do que nos ten acostumados.
De balde na praza central

‘Atardecer no Gaiás’ terá lugar os xoves, venres e sábados de xullo e agosto a partir das 21:00 horas e con entrada de balde. Pola praza central pasarán bandas como Mucho, The Soul Jacket, a Orquestra de Cámara Galega, Os Amigos dos Músicos ou Marc Jonson. E como novidade, ‘Atardecer no Gaiás’ incorpora catro sesións de cine ao aire libre, nas que se proxectarán filmes de temática musical, precedidas dunha sesión DJ.

Así, a carteleira estará formada por Taking Woodstock, dirixida por Ang Lee; The Commitments, de Alan Parker; Sigur Rós-Heima e un último filme homenaxe a David Bowie.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-07-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (medio-ambiente.jpg) Os apoios, que poden chegar aos 3 millóns de euros por proxecto, son de ata o 45% do investimento subvencionable no caso dos proxectos de grandes empresas, mentres que no caso das pemes serán do 45% ou do 55% en función da porcentaxe de redución de emisións xustificada. Con estas axudas que xestiona o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) búscase incentivar a transformación ecolóxica da actividade industrial de cara a unha economía baixa en carbono e a súa competitividade nun mercado global, diminuíndo o consumo de enerxía e promovendo a introdución da mellor tecnoloxía dispoñible. Ao mesmo tempo, estas axudas que se enmarcan na Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050 e na Axenda Enerxética de Galicia 2030 contribúen a reactivar e dinamizar a economía da provincia tras o peche das centrais térmicas.
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

Achegar á cidadanía o traballo do persoal investigador da Universidade e os beneficios dos seus estudos para o avance da sociedade, así como contribuír ao fomento de vocacións científicas. Estes son os obxectivos da expo-feira A ciencia que vén, que a UVigo organizará por primeira vez en Pontevedra o 31 de maio. A praza da Ferraría acollerá 14 carpas nas que grupos de investigación ofrecerán unha serie de obradoiros e actividades, dirixidas a un público familiar, que permitirán achegarse dun xeito lúdico e divertido ás aplicacións dos seus traballos en múltiples ámbitos.
A UDC inaugurou na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas, o Congreso Internacional Emerging Trends in Applied Mathematics and Mechanics 2024. No programa figuran charlas de temas de especial interese e máxima actualidade como o derretemento das capas de xeo, que aborda un dos problemas ambientais máis críticos do noso tempo, vital para prever e mitigar os impactos do cambio climático.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES