Notas de prensa

A USC, entre as cen universidades máis innovadoras de Europa

Segundo unha análise realizada por Reuters, que inclúe outras nove universidades españolas entre 600 institucións analizadas, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) figura entre as máis innovadoras de Europa polo nivel de publicacións científicas entre 2009 e 2014 e indexadas en Web of Science. A USC é a quinta no ranking español destas 10 universidades seleccionadas.

A Universidade de Santiago é unha das cen universidades europeas máis innovadoras, segundo a listaxe elaborada por Reuters News logo da análise de 600 institucións que teñen publicado o maior número de artigos en publicacións científicas entre 2009 e 2014 e indexadas en Web of Science. Nesta clasificación inclúense dez institucións universitarias españolas, coa USC no quinto posto das de España tras as universidades de Barcelona, Politécnica de Cataluña, Autónoma de Barcelona e Politécnica de Valencia. A clasificación das españolas complétana, por orde, Valencia, Sevilla, Politécnica de Madrid, Complutense de Madrid e Granada.

Do grupo inicial de institucións candidatas, os responsables do traballo de avaliación reduciron a lista tomando en consideración aquelas con 50 ou máis patentes, a maioría delas universidades. Para a ordenación final, aplicáronse diversos indicadores, incluíndo a frecuencia coa que se lle concede solicitudes de patente a unha universidade, o número de patentes rexistradas polos servizos mundiais e as autoridades locais e a frecuencia con que foron citadas estas patentes. No caso das universidades avaliadas tomouse en consideración a frecuencia coa que os seus traballos foron citados polas patentes así como a porcentaxe de artigos que inclúen como co autores representantes da industria.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, 2016-06-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros.jpg) Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras ler as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escoller as obras gañadoras das sete categorías. Os títulos seleccionados na categoría Infantil foron Caderno de cores e cancións, de Magín Blanco e Sonia García, como ilustradora, e está editado por Galaxia. Na de primeiro e segundo curso de Educación primaria foi distinguido Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, publicada por Edicións Embora. Na segunda categoría distinguiuse A pulga espacial de Xabier Domínguez e Alba de Evan.
Foto de la tercera plana (comunicacion.jpg) A Xunta publica a consulta previa para unha nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que se adecúe á normativa europea e á realidade que trouxeron consigo os cambios tecnolóxicos dos últimos anos. As modificacións introducidas pola Directiva comunitaria 2018/1808, polo Regulamento comunitario 2024/1083 e pola recente Lei 13/2022 xeral de comunicación audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos, obrigan a reconsiderar o vixente texto legal.

Notas

O próximo día 8 de maio terá lugar no Xardín das Pedras que falan (xardín traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC. Nesta ocasión, contará coa participación dos alumnos do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán o aprendido neste curso.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu a xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'. Nela reivindicouse o papel da educación social no deporte, convidando a egresadas deste centro, educadoras sociais, a expor boas prácticas desenvolvidas neste eido en diferentes entidades da cidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES