Notas de prensa

Preséntase na Coruña a edición 2016 do festival de fotografía Visions

O responsable municipal de Culturas destaca a oportunidade de “contribución" da institución “sen tutelaxes” ao proxecto, que inclúe por vez primeira un concurso de fotografía aberto a todos os públicos. José Manuel Sande destaca a "convivencia de distintos modelos de xestión cultural na Coruña" durante a presentación da nova edición do festival de fotografía Visions, "unha iniciativa da propia comunidade creativa".

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou a nova edición do festival de fotografía Visions, que terá lugar entre os días 19 e 21 de agosto. A iniciativa, promovida polo Colectivo 15001, naceu no ano 2013 obxectivo de achegar a fotografía á cidadanía e dinamizar espazo público na Cidade Vella a través da actividade creativa. O concelleiro salientou o respaldo do Concello a unha proposta "de xestión cidadá", que nace "dunha iniciativa que provén da propia comunidade creativa". "Este Goberno local ten un reto por diante, que é resolver a relación co tecido cultural coa cidade e as súas distintas plasmacións", expuxo Sande, "polo que pretende favorecer a convivencia de distintos modelos de xestión cultural". Neste sentido, o responsable municipal sinalou que Visions "é un exemplo" de iniciativa "de como o Concello pode acompañar" as propostas cidadás "sen caer en tutelaxes nin dirixismos". A cuarta edición do festival, na que se realizarán distintos obradoiros e actividades gratuítas e abertas á participación cidadá, contará por vez primeira cunha arista convidada, a fotoxornalista Bandía Ribeira, gañadora Premio de Creación Fotográfica Luis Ksado.

Nun avance da programación desta edición, o seu coordinador, Marcos Ferreiro, sinalou que este ano se realizarán distintas actividades gratuítas "na rúa, sempre que o permita a meteoroloxía", para fomentar "a participación cidadá", e complementarias á presentación dos traballos das e dos fotógrafos, "que se fai dunha forma lixeira e cómoda a través de proxeccións" no espazo público. Entre outras actividades, profesionais como Javier Trigales ou a propia Bandía Ribeira ofrecerán distintos talleres ás e aos asistentes; realizaranse debates, obradoiros de fotografía analóxica e revelado ou de encadernación artesanal; un mercado popular de venda e intercambio de elementos do universo da fotografía e o Fotocircus, o obradoiro de fotografía analóxica dirixido ao público infantil que este ano dirixirá Alberto López, profesor do CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo). Ademais, e desde o 12 de agosto, exhibiranse 5 mostras en papel en distintos espazos da Cidade Vella: Morte Terra, de Matteo Bertolino; Prospekt Moskow, de Simone Maestra; Latexos, de Luis Botana, Life is great, without it you'd dead, de Bandía Ribeira; e unha escolma da obra de Yorgos Karalia.

Unha das novidades principais desta cuarta edición será a posta en marcha dun concurso de videografías "para facilitar a súa exhibición en distintas localizacións da Cidade Vella", sinalou Alberto Pombo, un dos promotores de Visions. A iniciativa, de temática libre, é aberta a todo o público, en especial a todas aquelas persoas con interese nesta disciplina, sexan profesionais ou non. Os proxectos presentados deberán ser orixinais, ter unha duración máxima de 3' 30''', ter como formato o vídeo mp4 codec H264 e deberán enviarse, desde mañá, 18 de xuño, até o vindeiro 1 de agosto, á dirección premio@visionsfest.net. Un xurado escollerá 12 traballos finalistas, que serán proxectados os días 19 e 20 de agosto e estarán publicados na web do festival, onde mediante votación popular, serán escollidos os proxectos gañadores.

O festival realiza a noite do 18 de xuño, a partir das 21 horas, unha presentación aberta ao público na praza de Santa María, na que se proxectarán traballos de artistas que formaron parte da programación nas anteriores edicións, e actuarán Jauja e Daria Ruzaykina.

Para máis información sobre Visions, pode consultarse a páxina web do festival, www.visionsfest.com

Gabinete de Comunicación do Concello de A Coruña, 2016-06-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros.jpg) Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras ler as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escoller as obras gañadoras das sete categorías. Os títulos seleccionados na categoría Infantil foron Caderno de cores e cancións, de Magín Blanco e Sonia García, como ilustradora, e está editado por Galaxia. Na de primeiro e segundo curso de Educación primaria foi distinguido Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, publicada por Edicións Embora. Na segunda categoría distinguiuse A pulga espacial de Xabier Domínguez e Alba de Evan.
Foto de la tercera plana (comunicacion.jpg) A Xunta publica a consulta previa para unha nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que se adecúe á normativa europea e á realidade que trouxeron consigo os cambios tecnolóxicos dos últimos anos. As modificacións introducidas pola Directiva comunitaria 2018/1808, polo Regulamento comunitario 2024/1083 e pola recente Lei 13/2022 xeral de comunicación audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos, obrigan a reconsiderar o vixente texto legal.

Notas

O próximo día 8 de maio terá lugar no Xardín das Pedras que falan (xardín traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC. Nesta ocasión, contará coa participación dos alumnos do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán o aprendido neste curso.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu a xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'. Nela reivindicouse o papel da educación social no deporte, convidando a egresadas deste centro, educadoras sociais, a expor boas prácticas desenvolvidas neste eido en diferentes entidades da cidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES