Notas de prensa

Alumnos de primaria participan no proxecto Un caderno no Camiño

Trátase dun proxecto interactivo promovido por Turismo de Galicia. Os escolares concienciaranse da importancia da Ruta como fonte de cultura, patrimonio e riqueza e afondan nos recursos turísticos e naturais. O libro narra a peregrinación de Sophie e do seu avó, dispóñense dous cadernos de actividades para rapaces e docentes.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, visitaron o Colexio de Educación Infantil e Primaria de San Cosme, en Barreiros, con motivo do desenvolvemento da iniciativa “Un caderno no Camiño”, un conxunto de actividades dirixidas a alumnos de primeiro ciclo de primaria e baseadas na realización da Ruta Xacobea a través da historia de Sophie, unha nena francesa que nas vacacións de verán emprende a peregrinación a Compostela acompañada do seu avó galego.

Nava Castro subliñou a importancia deste proxecto para que os máis pequenos descubran o Camiño de Santiago e a peregrinación e a importancia deste recurso turístico como fonte de cultura, patrimonio e riqueza económica.

A actividade desenvolverase en escolas de 10 municipios galegos polos que transcorren diferentes itinerarios da Ruta Xacobea, concretamente nos concellos de Barreiros, Abadín, Begonte e Mondoñedo, en canto ao Camiño do Norte; en Guntín, Baleira e Friol, no Camiño Primitivo; en Laza, na Vía da Prata; en Arzúa, no Camiño Francés; e en Ordes, no Camiño Inglés.

Descrición da iniciativa

O proxecto “Un caderno no Camiño” inclúe unha publicación dixital interactiva, Sophie no Camiño e dous cadernos de actividades, un para os alumnos e outro para os docentes.

O libro interactivo conta a historia de Sophie e as vivencias que experimenta no verán no que realiza o Camiño Francés a Santiago acompañada do seu avó. Así mesmo, describe aspectos da historia, costumes, gastronomía e patrimonio que rodean á Ruta Xacobea. A publicación contén as aventuras literarias das personaxes e está enriquecida con fotografías, debuxos, mapas e hipervínculos para acceder a información adicional.

O caderno de actividades dirixido aos alumnos amplía os contidos do libro con documentación sobre recursos culturais, artísticos, patrimoniais, gastronómicos e naturais dos lugares polos que pasan os peregrinos na realización do Camiño. Pola súa parte, o caderno para docentes propón diferentes traballos para realizar cos alumnos na aula.

Datos récord no número de peregrinos

Nava Castro enxalzou que a cifra de peregrinos que chegan a Compostela é cada vez maior, contabilizándose no que vai de ano preto de 80.000 peregrinos, un 7% máis que no mesmo período do ano pasado.

A directora de Turismo de Galicia explicou que no ano 2015 xa se batera un máximo histórico nun ano non santo ao contabilizar 262.515 peregrinos, un 10,31% máis que os que chegaron en todo 2014.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-06-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros.jpg) Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras ler as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escoller as obras gañadoras das sete categorías. Os títulos seleccionados na categoría Infantil foron Caderno de cores e cancións, de Magín Blanco e Sonia García, como ilustradora, e está editado por Galaxia. Na de primeiro e segundo curso de Educación primaria foi distinguido Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, publicada por Edicións Embora. Na segunda categoría distinguiuse A pulga espacial de Xabier Domínguez e Alba de Evan.
Foto de la tercera plana (comunicacion.jpg) A Xunta publica a consulta previa para unha nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que se adecúe á normativa europea e á realidade que trouxeron consigo os cambios tecnolóxicos dos últimos anos. As modificacións introducidas pola Directiva comunitaria 2018/1808, polo Regulamento comunitario 2024/1083 e pola recente Lei 13/2022 xeral de comunicación audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos, obrigan a reconsiderar o vixente texto legal.

Notas

O próximo día 8 de maio terá lugar no Xardín das Pedras que falan (xardín traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC. Nesta ocasión, contará coa participación dos alumnos do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán o aprendido neste curso.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu a xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'. Nela reivindicouse o papel da educación social no deporte, convidando a egresadas deste centro, educadoras sociais, a expor boas prácticas desenvolvidas neste eido en diferentes entidades da cidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES