Notas de prensa

Mundo Líquido exhibe na Igrexa da Universidade imaxes sólidas que recrean unha modernidade líquida

A partir do concepto de "modernidade líquida" desenvolvido por Zygmunt Bauman, Premio Príncipe de Asturias da Comunicación e Humanidades en 2010, a Universidade de Santiago ofrece ata o 15 de xullo unha exposición composta por fotografías realizadas por membros de Fotoforum Compostela.

Para Bauman a sociedade actual caracterízase por un estado fluído e volátil, sen valores sólidos, no que a incerteza pola vertixinosa rapidez dos cambios debilitou os vínculos humanos, que agora son provisionais e precarios. A idea da mostra é, xa que logo, usar ese concepto como espello do momento actual e que cada autor ou autora constrúa unha imaxe que serva para reflexionar sobre todo isto. En esencia, crear imaxes ‘sólidas’ dun mundo ‘líquido’.

A mostra ‘Mundo líquido’ inaugurarase na Igrexa da Universidade nun acto no que participan a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez, o responsable do Espazo de Fotografía da USC e de Fotoforum Compostela, Fuco Reyes, e todos os fotógrafos e fotógrafos participantes.

Consumismo, exceso de información como fonte da ignorancia, vínculos afectivos cada vez máis fútiles, soidade e vellez como conceptos denostados ou a creación como obxecto de consumo inmediato. Todos estas ideas que reflicten a modernidade da que fala Bauman subxacen na mostra ‘ Mundo líquido’ que se poderá visitar ata o 15 de xullo de luns a venres de 18.00 a 21.00 e os sábados de 11.00 a 14.00 horas.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2016-06-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros.jpg) Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras ler as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escoller as obras gañadoras das sete categorías. Os títulos seleccionados na categoría Infantil foron Caderno de cores e cancións, de Magín Blanco e Sonia García, como ilustradora, e está editado por Galaxia. Na de primeiro e segundo curso de Educación primaria foi distinguido Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, publicada por Edicións Embora. Na segunda categoría distinguiuse A pulga espacial de Xabier Domínguez e Alba de Evan.
Foto de la tercera plana (comunicacion.jpg) A Xunta publica a consulta previa para unha nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que se adecúe á normativa europea e á realidade que trouxeron consigo os cambios tecnolóxicos dos últimos anos. As modificacións introducidas pola Directiva comunitaria 2018/1808, polo Regulamento comunitario 2024/1083 e pola recente Lei 13/2022 xeral de comunicación audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos, obrigan a reconsiderar o vixente texto legal.

Notas

O próximo día 8 de maio terá lugar no Xardín das Pedras que falan (xardín traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC. Nesta ocasión, contará coa participación dos alumnos do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán o aprendido neste curso.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu a xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'. Nela reivindicouse o papel da educación social no deporte, convidando a egresadas deste centro, educadoras sociais, a expor boas prácticas desenvolvidas neste eido en diferentes entidades da cidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES