Notas de prensa

O Comité Científico da colección Clásicos do Pensamento Universal aproba os novos títulos para 2017-2019

A colección Clásicos do Pensamento Universal, promovida pola USC e a Fundación BBVA dende 2002, reúne unha serie de volumes traducidos ao galego dende as súas linguas orixinais e prologados por figuras destacadas do ámbito científico e académico, a ser posible da propia universidade compostelá.

O Comité Científico da colección Clásicos do Pensamento Universal acaba de aprobar os novos títulos que se incorporarán a este compendio literario no bienio 2017-2019. Trátase de O pensamento salvaxe de Claude Lévi-Strauss, Breve historia do tempo de Stephen Hawking, Cadro da natureza de Alexander von Humboldt, Escolma de textos de Antonio Gramsci, A riqueza das nacións de Adam Smith, Sobre a liberdade de John S. Mill e o Manifesto comunista de Karl Marx e Friedrich Engels.

A planificación dos vindeiros anos foi un dos puntos da xuntanza anual que o Comité Científico celebrou na USC coa asistencia do director da Real Academia Española e director da colección, o catedrático Darío Villanueva, e os profesores Carlos Baliñas, Ramón Máiz, Antón Santamarina e José Sordo, ademais do director do Servizo de Publicacións, Juan Blanco Valdés. A colección Clásicos do Pensamento Universal reúne unha serie de volumes traducidos ao galego dende as súas linguas orixinais e prologados por figuras destacadas do ámbito científico e académico, a ser posible da propia universidade compostelá. Esta é unha iniciativa que promoven dende 2002 a USC e a Fundación BBVA estando deseñada, editada e producida integramente polo Servizo de Publicacións e a Imprenta Universitaria compostelá.

O Comité tamén revisou a actual carteira de edición, que contempla a publicación inminente dunha escolma d’ Os Ensaios de Montaigne e de Democracia e educación de John Dewey Ademais, entre o outono de 2016 e o primeiro trimestre de 2017 está prevista a saída de O federalista de J. Madison, A. Hamilton e J. Jay e de Leviatán de Thomas. Hobbes.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2016-06-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros.jpg) Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras ler as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escoller as obras gañadoras das sete categorías. Os títulos seleccionados na categoría Infantil foron Caderno de cores e cancións, de Magín Blanco e Sonia García, como ilustradora, e está editado por Galaxia. Na de primeiro e segundo curso de Educación primaria foi distinguido Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, publicada por Edicións Embora. Na segunda categoría distinguiuse A pulga espacial de Xabier Domínguez e Alba de Evan.
Foto de la tercera plana (comunicacion.jpg) A Xunta publica a consulta previa para unha nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que se adecúe á normativa europea e á realidade que trouxeron consigo os cambios tecnolóxicos dos últimos anos. As modificacións introducidas pola Directiva comunitaria 2018/1808, polo Regulamento comunitario 2024/1083 e pola recente Lei 13/2022 xeral de comunicación audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos, obrigan a reconsiderar o vixente texto legal.

Notas

O próximo día 8 de maio terá lugar no Xardín das Pedras que falan (xardín traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC. Nesta ocasión, contará coa participación dos alumnos do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán o aprendido neste curso.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu a xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'. Nela reivindicouse o papel da educación social no deporte, convidando a egresadas deste centro, educadoras sociais, a expor boas prácticas desenvolvidas neste eido en diferentes entidades da cidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES