Notas de prensa

O Foro de Innovación para o Emprego acolle máis de 30 actividades formativas

O Foro da Innovación para o Emprego 2016. que terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións en Compostela do 15 ao 16 de xuño, ten recibido 129 ofertas de 78 empresas. Rexistráronse nas ofertas máis de 3.200 usuarios e foron remitidos ás empresas máis de 800 currículos que se axustaban aos perfís requiridos.

No que se refire ás actividades formativas, nas semanas previas desenvolvéronse diversos cursos previos, relacionados coas novas tecnoloxías e a marca dixital na busca de emprego, vía e-learning e webinar, nos que participaron máis de 1.100 persoas. Os propios días do evento haberá máis de 30 actividades formativas e de información sobre o mercado laboral, entre as cales estarán: obradoiros para a busca de emprego 2.0; cursos de programación e robótica; relatorios como "Todo o que necesitas para atopar emprego" e "Crearán os robots máis emprego do que destruirán?"; a actividade "Presenta, convence, conquista", que inclúe formación teórica e práctica sobre oratoria, imaxe persoal, así como xestión de redes e recursos audiovisuais para o emprego; presentación de empresas e proxectos innovadores no eido laboral, etc.

Nas diversas actividades participarán máis de medio centenar de formadores/as e profesionais especializados. A maioría de actividades contan cun abano amplo de horarios para que as persoas asistentes poidan organizar a xornada segundo o seu interese. Aínda quedan prazas dispoñibles en diversas actividades, sendo necesario inscribirse a través da web axencialocaldecolocacion.org.

Gabinete de Comunicación do Concello de Santiago de Compostela, 2016-06-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ãngel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES