Notas de prensa

O IV Encontro Mocidade Investigadora reúne 300 novos investigadores

O IV Encontro Mocidade Investigadora reúne 300 novos investigadores na Facultade de Ciencias da Comunicación. O Encontro diríxese a novos investigadores/as para fomentar a colaboración e o intercambio de coñecementos entre os membros dos diversos programas de doutoramento da USC.

Preto de 300 asistentes e semellante número de comunicacións orais e pósteres son as cifras máis significativas do IV Encontro Mocidade Investigadora que se celebra entre o xoves 9 e o venres 10 de xuño na Facultade de Ciencias da Comunicación. Inaugurouno a vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes Rey, xunto a quen tamén interviñeron o director da Escola de Doutoramento Internacional (EDI), Xosé Ramón Leis Fidalgo; o decano da Facultade de Ciencias da Comunicación, Ramón Pousa Estévez; e, por parte do Comité Organizador Estrella Sánchez Rebordelo e Lucia Rey Ares.

O Encontro diríxese a novos investigadores/as para fomentar a colaboración e o intercambio de coñecementos entre os membros dos diversos programas de doutoramento da USC. A iniciativa que este ano celebra a súa cuarta edición, como novidade está integramente coordinada por estudantes de doutoramento que organizaron todas as sesións ademais de formular as temáticas das sesións plenarias en función dos intereses do alumnado.

Logo da sesión inaugural, celebrouse a primeira sesión plenaria sobre cómo publicar estratexicamente os resultados de investigación, na que participaron as profesoras María Loureiro García e Ofelia Rey Castelao, ademais do director co Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS), Carlos Diéguez González. Esta deu paso a dúas sesións paralelas de presentación de comunicacións, organizadas por áreas de coñecemento: Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias da Saúde e Ciencias Experimentais e Tecnolóxicas. A primeira xornada remata cunha mesa redonda sobre como afrontar unha estadía de investigación.

O programa do venres 10 comezará ás 10.00 horas cunha reflexión arredor de ‘Por fin doutor/a, e agora que?Â’. Está previsto que interveñan o director da Ãrea de Servizos da Axencia Galega de Innovación, José Manuel Abella Anido; o director da unidade mixta Repsol-Itmati, Alfredo Bermúdez de Castro; o socio-fundador de Situm-Technologies. Víctor Ãlvarez Santos; e o presidente de Red Emprendia, Senén Barro Ameneiro. A sesión matinal e a primeira da tarde incluirán outras dúas sesións paralelas de presentación de comunicacións.

O catedrático Ãngel Carracedo impartirá ás 18.00 horas a conferencia plenaria cunha reflexión sobre ‘Como trazar unha carreira investigadora de éxito?Â’. No acto de clausura, a partir das 19.00 horas, participarán a secretaria da EDI, Sara Fernández López; a decana da Facultade de Filoloxía, María José López Couso; e Cristina Gómez Román e Cristina Blanco García, en representación do comité organizador.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2016-06-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ãngel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES