O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) inicia dous novos ciclos temáticos centrados na produción británica independente da era postpunk e no vixésimo quinto aniversario da posta en marcha na Coruña da Escola de Imaxe e Son (EIS).
Esta mesma tarde, ás 20.30 horas, dá comezo a retrospectiva ‘This is Now: Films and Video After PunkÂ’, que se desenvolverá durante todos os martes de xuño para propoñer un total de sete programas a través dos que se dá conta do estoupido creativo que experimentou o cine e o vÃdeo no Reino Unido nos anos oitenta do pasado século. RevÃsase asà un momento único no que o abaratamento das novas tecnoloxÃas fixo posible o despegue de voces alternativas e a imposición dunha nova estética.
Restauracións inéditas
Esta escolma producida pola distribuidora británica Lux reúne máis de corenta tÃtulos que deixan constancia, asà mesmo, da influencia que este perÃodo ten nos vÃdeos de Internet e no cinema de hoxe en dÃa. Recóllense, entre estas fitas, unha vintena de pelÃculas en súper 8 e 16 mm restauradas polo British Film Institute (BFI) National Archive, moitas das cales saen á luz por vez primeira en máis de tres décadas.
O programa que se ofrecerá hoxe na sede do CGAI na Coruña leva por tÃtulo ‘Performing the SelfÂ’. Trátase dunha serie de pelÃculas experimentais, que poderÃan cualificarse de visonarias, e vÃdeos luminosos que amosan como a cultura visual cambiou radicalmente a comezos dos oitenta. O ciclo continuará o dÃa 14 coas sesións ‘Home TapingÂ’ e ‘Just ImagesÂ’; o dÃa 21, con ‘Before and After SciencieÂ’ e ‘Trough a Glass, DarklyÂ’; e o dÃa 28, con ‘Video Killed the Radio StarÂ’ e ‘Entering the Dream SpaceÂ’.
Primeiras curtas da EIS
Esta semana, ademais, o Centro Galego de Artes da Imaxe conmemorará o 25º aniversario da posta en marcha da EIS de Someso a través de tres sesións que reúnen nove das primeiras curtametraxes realizadas por coñecidos profesionais galegos formados neste centro. AsÃ, mañá mércores 8 proxectaranse ‘A repescaÂ’, de Sandra Sánchez; ‘Mofa e Befa. Gran liquidaciónÂ’, de Jorge Coira; e ‘Paranoia dixitalÂ’, de Ãngel de la CruzÂ’; o xoves 9 será a quenda de ‘Coruña imposibleÂ’, de Paco Rañal; ‘AÃnda máis difÃcilÂ’, de Ãngel de la Cruz; e ‘TelevaporÂ’, de Ricardo Llovo e Paco Carballés; e o venres 10 exhibiranse ‘Amor serránÂ’, de Luis Liste; ‘O matachÃnÂ’, de Jorge Coira, e ‘Isolina do CaurelÂ’, de Chema Gagino.
O acceso para estas tres sesións, que darán comezo ás 20.30 horas, é libre ata completar a capacidade da sala. Tamén é gratuÃta a entrada para unha nova entrega da sección Off Galicia, que terá lugar o sábado 11, ás 18.00 horas, e na que o cineasta galego Alberte Pagán presentará tres traballos: ‘Faustino 1936Â’, ‘WalsedÂ’ e ‘FrankÂ’.
Intensa actividade
Continúa asà o intenso traballo de difusión que o CGAI leva a cabo no número 10 da rúa Durán Loriga da Coruña, onde ten establecida a súa sede desde o inicio da súa actividade en 1991. Ademais, durante as últimas temporadas esta actividade estendeuse tamén a Vigo e Ourense a través das respectivas colaboracións cos cineclubs Lumière e Padre Feijoo.
Ao tempo, mantén o seu labor de conservación, preservación, restauración e catalogación de fondos propios, que seguen medrando coa localización e recuperación de novos materiais, tanto dentro como fóra de Galicia, susceptibles de cualificarse de interese para a cultura galega; asà como a prestación de diferentes servizos de apoio ás produtoras galegas e o impulso de programas formativos como Cine en Curso.
Desde 2013, a filmoteca galega forma parte da estrutura da ConsellerÃa de Cultura e Educación como centro adscrito á Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), que nestes momentos está a desenvolver unha reorganización de persoal que, porén, non implicará unha diminución do número de traballadores do CGAI, nin afectará aos seus servizos, que continuará prestando con normalidade na súa sede da Coruña.