Notas de prensa

Destínanse 1.5 millóns de euros ata 2018 a axudas para a reconversión do viñedo galego

As achegas aplicaranse ás superficies de viñedo destinadas á produción de uva para vinificación nas que se leven a cabo tarefas de reconversión varietal, reimplantación de viñedos ou melloras das técnicas de xestión. Coa convocatoria de 2016 arranca o proceso de restruturación e reconversión de viñedo na Comunidade galega.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a Orde de axudas da Consellería do Medio Rural para a reestruturación e reconversión da viña na nosa comunidade. O orzamento total ata o ano 2018 é de 1.500.000 euros, sendo de 750.000 euros para este 2016.

Esta orde, cofinanciada na súa totalidade polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), busca acadar unha serie de obxectivos estratéxicos fixados na política de reestruturación de viñedos en Galicia. Entre eles salientan os reaxustes estruturais que fagan diminuír os custes de produción nas explotacións vitícolas onde predomina o minifundio.

Tamén se pretende mellorar as técnicas de xestión dos viñedos e adaptar as explotacións ao mercado a través de melloras varietais, ao mesmo tempo que se preservan as variedades viníferas autóctonas de menores rendementos e de elevada calidade diferenciada, aproveitando deste xeito a gran vantaxe competitiva que supón a diferenciación nun mercado cada vez máis globalizado. Procúrase ademais o aumento da profesionalización dos viticultores galegos, ao mesmo tempo que se potencia a remuda xeracional facilitando o acceso ás explotacións á viticultores mozos.

Poderán ser beneficiarios destas achegas todos os viticultores inscritos no Rexistro Vitícola de Galicia (RVG) que destinen a súa superficie de viñedo á produción de uva para vinificación, nas que se leven a cabo tarefas de reconversión varietal, reimplantación de viñedos ou melloras das técnicas de xestión de viñedos.

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.es) ou en soporte papel por calquera dos medios establecidos. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir de mañá. Enlace á Orde no DOG.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-06-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ãngel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES