Notas de prensa

Homenaxes a Manuel Rodríguez López e Manuel María no Centro Galego de Salamanca

O xornalista Xulio Xiz participou no Centro Galego de Salamanca proxectando un vídeo da produtora Ophiusa sobre o persoeiro ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, Manuel María. Tamén en Salamanca, inaugurouse a exposición Manuel Rodríguez López.

Abriuse ao público no Centro Galego de Salamanca a exposición Manuel Rodríguez López, sobre a vida e obra do escritor de Paradela, fillo predilecto dese concello, que da nome á Casa municipal de Cultura e ao Certame Literario, xa na XXI edición.

A mostra forma parte do Proxecto Manuel Rodríguez López emprendido por Galicia Digital e a familia do escritor, co apoio do Concello de Paradela, a Xunta de Galicia (Secretarías Xerais de Política Lingüística e de Cultura), a Deputación Provincial de Lugo-Delegación de Cultura, o Concello de Lugo e a Real Academia Galega.

Esta mostra itinerante ten percorrido numerosas ciudades e localidades galegas, visitou o Centro galego de Barcelona e a Casa de Galicia en Madrid, abríndose agora no Centro Galego de Salamanca, con motivo da celebración nesta institución das Letras galegas. Está composta por oito paneis dobles, nos que se reflicte de xeito moi gráfico a vida e obra do escritor paradelense, considerado o mellor poeta obreiro galego do século XX, que escribiu en Catalunya a maior parte da súa obra, e foi, ademais dun grande animador das actividades galegas en Catalunya, o vínculo perfecto entre Galicia e os galegos emigrantes no País catalán.

Homenaxe a Manuel María, no Centro Galego de Salamanca


O xornalista Xulio Xiz tamén falou no Centro Galego de Salamanca sobre o persoeiro ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, Manuel María, proxectándose o audiovisual MANUEL MARÃA DA TERRA CHÃ, editado en 1994 cando se cumpriron os 40 anos da publicación do libro máis coñecido de Manuel María, audiovisual dirixido por Xulio Xiz, no que participaron Manuel María, Alfonso Blanco, Darío Xohán Cabana, Lois Diéguez, Camilo Gómez Torres, Saleta Goy e Paco Martin, que este ano foi reeditado como aportación á homenaxe que toda Galicia rende ao escritor chairego.

GaliciaDigital, 2016-05-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (artesania-alfareria.jpg) A Fundación Artesanía de Galicia organiza por quinto ano consecutivo o encontro Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra co obxectivo de divulgar os oficios tradicionais, impulsar a comercialización do produto artesán galego e consolidar a marca Artesanía de Galicia. O evento celébrase no Santuario de Nosa Señora de Cadeiras, no concello de Sober. A edición deste ano conta coa participación de 19 obradoiros da marca Artesanía de Galicia especializados en oficios como a olería tradicional, a xoiería, a cerámica, os xoguetes, a bixutería, o manipulado de papel ou os complementos de moda. Os obradoiros da Ribeira Sacra que asisten como expositores son a Alfarería Elías de Gundivós (Sober), Enxógate (Quiroga) e Mimacuir (Castelo, Taboada). Os demais proceden do resto de Galicia.
Foto de la tercera plana (o-faro.jpg) As dúas obras vencedoras na última convocatoria do Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, nas súas modalidades para público infantil e adulto, acaban de ver a luz na colección que a Xunta de Galicia mantén con Baía Edicións para incorporar ao sistema literario galego os textos recoñecidos con este galardón da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Manchea, co que Andrea Freire se alzou co devandito premio na categoría de monicreques para a rapazada, e O Faro, polo que Carlos Labraña gañou na modalidade para adultos, están xa dispoñibles tanto na Libraría Institucional da Xunta como en puntos físicos de venda.

Notas

A bioloxía sintética busca anos construír células artificiais capaces de reproducir de maneira simplificada algúns dos procesos máis complexos da vida. O obxectivo é comprender mellor os principios fundamentais da evolución celular e xerar ferramentas innovadoras para a biomedicina e a biotecnoloxía. Un equipo do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC logrou un importante avance ao desenvolver microgotas coacervadas con membrana.
O Galician Freaky Film Festival vén de anunciar a súa esperada Selección Oficial de curtametraxes, un dos sinais de identidade máis recoñecibles do certame vigués. Nesta novena edición, a programación chega con cifras de récord: 74 curtametraxes procedentes de 34 países. Máis de 14 horas de cine freak que converterán Vigo na capital internacional do cinema fantástico e de terror.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES