Notas de prensa

Un documental do alumnado de Ciencias da Comunicación retrata a USC en 360º

O documental USC360 é un conxunto de catro pezas sobre a vida universitaria, a cultura, a ciencia, o deporte a historia da Universidade de Santiago gravadas en 360º, o que o converte nun dos primeiros proxectos destas características que se realiza en Galicia. O proxecto pódese ver na web http://novosmedios.gal/usc360/

Os seus promotores, un grupo de estudantes de 4º de Xornalismo dirixidos por Manuel Gago no marco da materia de Novos formatos e produtos para a rede, presentaron este xoves o documental na Sala 3 de Visionado da Facultade de Ciencias da Comunicación.

A presentación, logo dunha explicación do proxecto e da tecnoloxía empregada, realizouse coa utilización de lentes de realidade virtual, o que permitiu aos asistentes descubrir distintos puntos da vida universitaria, tales como a Escola Técnica Superior de Enxeñaría, a Biblioteca América ou o pavillón de atletismo do campus.

O documental fai uso de tecnoloxía xa empregada en medios diversos medios de comunicación nacionais e internacionais como forma de enriquecer e expandir a experiencia de usuarios/as na súa aproximación a determinadas realidades. Neste senso, os autores explicaron que a realidade virtual está facerse un oco en case todos os campos do entretemento e a comunicación, dende videoxogos e series de realidade aumentada ata reportaxes e noticias, de xeito que o público séntese inmerso no lugar dos feitos.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2016-05-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ãngel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES