Notas de prensa

O audiovisual galego é protagonista en Bos Aires cun ciclo de 17 películas

Lobos sucios abre este programa especial no Cine Gaumont como parte da programación da Xunta para a 42ª Feira do Libro de Bos Aires. Proxéctanse tamén As altas presións, A esmorga, Maimiño, Inevitable, Holy Night, Os fenómenos, Arraianos, A praia dos afogados, No Cow on the Ice, O ouro do tempo, A árbore magnética e A cicatriz branca.

A recente produción audiovisual galega protagonizará o ciclo Galicia en cine, que ofrece en Bos Aires unha escolma de 17 filmes de ficción e documentais como parte da programación cultural organizada pola Xunta de Galicia para a 42ª edición da Feria Internacional del Libro da capital arxentina, onde Santiago de Compostela está a ser a cidade convidada.

‘Lobos sucios’, de Simón Casal de Miguel, abre o xoves 28 de abril este programa, que se desenvolve ata o 4 de maio no Cine Gaumont, espazo do Instituto Nacional de Cine y Artes Audiovisuales do Goberno arxentino. Xunto con esta película sobre a explotación nazi das minas galegas de wolfram, que acaba de chegar ás salas españolas, esta escolma aborda moi diferentes xéneros e modelos de produción, incluíndo a animación, o cinema independente ou o documental. Así, mediante este programa organizado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), o público porteño terá a oportunidade de se achegar a unha mostra representativa do cine que se está a facer actualmente en Galicia e que está a ser recoñecido, ademais, con múltiples premios e seleccións en importantes festivais internacionais.

A literatura como eixo

Así mesmo, e tendo en conta que o ciclo se organiza co gallo da participación galega na Feria Internacional del Libro de Bos Aires, a literatura está presente nesta recompilación a través de fitas como ‘A Esmorga’ (29 de abril), do realizador Ignacio Vilar a partir da emblemática obra de Eduardo Blanco Amor; ‘Arraianos’ (2 de maio), película de Eloy Enciso que ten como punto de partida unha obra de culto de Jenaro Marinhas del Valle, declamada por intérpretes non profesionais; e ‘A praia dos afogados’ (2 de maio), adaptación cinematográfica da novela homónima de Domingo Villar dirixida por Gerardo Herrero.

Inclúense tamén nesta selección os títulos ‘As altas presiónsÂ’ (29 de abril), pola que Ãngel Santos obtivo o primeiro premio na sección Nuevas Olas do Festival Internacional de Cine Europeo de Sevilla; ‘InevitableÂ’, coprodución galego-arxentina dirixida por Jorge Algora; ‘Os fenómenosÂ’, premiado filme de Alfonso Zarauza sobre os efectos da burbulla inmobiliaria; ‘No Cow on the IceÂ’ (3 de maio), documental gañador da pasada edición do Play-Doc de Tui no que o realizador Eloy Domínguez Serén narra as súas experiencias como emigrante en Suecia; ‘O ouro do tempoÂ’ (3 de maio), drama de Xavier Bermúdez sobre a forza dun amor que nin a morte pode evitar; ‘A árbore magnéticaÂ’, coprodución galego-chilena e primeira longametraxe de Isabel Ayguavives; e ‘A cicatriz brancaÂ’ (4 de maio), na que Margarita Ledo Andión retrata a historia das mulleres galegas que, na primeira metade do século XX, emigraron soas a América.

Animación

A animación está representada neste ciclo por dúas longametraxes pensadas para o público familiar: a película galego-cubana ‘Maimiño e o o espello máxico’ (30 de abril), con participación de Ficción Producciones e dirección de Ernesto Padrón; e ‘Holy Night! Noite... de paz?’ (1 de maio), do director Juan Galiñanes e producida de Dygra Films.

Baixo o título ‘Galicia en documentalÂ’, o Cine Gaumont acollerá tamén a proxección de catro documentais que inciden na difusión doutras tantas figuras da nosa cultura. Así, o 29 de abril exhibirase ‘As luces de Sargadelos, de Arturo Villacorta, sobre a historia do que foi o primeiro complexo industrial de Galicia. O día 30 será a quenda de ‘A imaxe Rev/veladaÂ’, fita sobre o fotógrafo e debuxante Baldomero Pestana asinada por Andrea Vázquez. Este cuarteto de documentais complétase con dúas películas que afondan na vida e obra de cadanseu escritor: ‘Contra a morte, unha aproximación a Lois PereiroÂ’ (1 de maio), de Alexandre Cancelo e Iago Martínez; e ‘100% CEF. Unha biografía de Celso Emilio FerreiroÂ’ (2 de maio), de Aser Ãlvarez.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-04-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-ordenador.jpg) A Formación Profesional galega contará a partir do vindeiro curso co dobre de inglés do marcado como mínimo na normativa básica estatal e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación práctica, ata un 82% máis que ata o momento. Todo isto mantendo o peso da formación no centro educativo, cuxo profesorado é o piar fundamental do éxito acadado polo sistema galego de FP nos últimos anos. O modelo de FP de éxito tense adiantado e implementado moitos dos cambios que agora o Ministerio toma como sistema a imitar en toda España. Polo tanto a aplicación da nova lei vai ser flexible, de tal forma que en Galicia se manteña a excelencia e se incorporen as novidades.
Foto de la tercera plana (tecnologia.jpg) Foi presentado o evento The Way Startup Summit 2024, que un ano máis convertirá a Vigo no maior foro de emprendemento, innovación e investimento no Noroeste de España e cita de referencia a nivel nacional. O programa de They Way contempla tres grandes escenarios ao redor da innovación, o emprendemento e o investimento, así como a organización de espazos de networking entre os asistentes, co obxectivo de que establezan contactos, intercambien coñecementos e propíciense sinerxias entre eles. The Way desenvolverase os días 9 e 10 de maio abordando temas como os retos de futuro das FinTech, da mobilidade, da alimentación, do retail, do turismo, do deporte ou do téxtil, entre outras áreas.

Notas

Desde maio de 2022, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel desenvolve un proxecto financiado polo Instituto Internacional de Ciencias Espaciais sobre os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suíza de Berna, a súa segunda xuntanza, na que avalían os avances no seu traballo.
O grupo de investigación sobre Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI da UDC organiza o seminario internacional 'Trafficking in Cultural Property: A Criminological Perspective', un encontro que terá lugar o próximo 30 de abril no salón de graos da Facultade de Dereito da Coruña. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto 'Horizon Europe RITHMS' (Research, Intelligence and Technology for Heritage and Market Security).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES