Notas de prensa

O Goberno galego apela á fusión das organizacións de produtores lácteos

A conselleira do Medio Rural defende que ter unha única OPL sería a vía para que os gandeiros tiveran máis forza á hora de negociar os prezos xa que representaría ao 37% dos produtores galegos e reuniría o 34% do volume de leite de Galicia. Entra en vigor a medida da UE que autoriza aos produtores a planificar a produción de leite.

A conselleira do Medio Rural, Ãngeles Vázquez, interveu no Parlamento e fixo balance das medidas levadas a cabo nos últimos meses en favor do lácteo. Durante a súa intervención, Vázquez apelou á oposición a posicionarse sobre a proposta desta Consellería de unir as dúas Organizacións de Produtores Lácteos que hai en Galicia para así ter máis forza á hora de negociar os prezos coa industria.

“No caso de que as dúas se constituísen nunha soa OPL contarían co 37% dos produtores galegos e co 34% do volume de leite producido en Galicia”, declarou a conselleira, e engadiu que “estes datos mostran a fortaleza que a unión de produtores tería nas negociacións cos primeiros compradores”. “É unha materia pendente que temos que desenvolver, sobre todo porque o 63% dos produtores están sen organizar”, insistiu.

Ãngeles Vázquez defendeu ademais a importancia do Acordo Lácteo que, malia que aínda se ten que afondar no seu desenvolvemento, xa ten conseguido avances como o de frear a caída do prezo do leite, que era o seu principal obxectivo. “O prezo se estabilizou arredor dos 28 céntimos/litro que se pagaba no mes en que se firmou o acordo”, declarou.

Entre os puntos máis importantes deste documento está o do contrato-tipo homologado para regular as relacións de compravenda no sector e corrixir a posición de indefensión e incerteza dos gandeiros á hora de comercializar a súa produción. Neste senso, Ãngeles Vázquez lembrou que “foi grazas á presión da Xunta de Galicia, que o pasado 29 de xaneiro se publicou no Boletín Oficial do Estado a homologación do contrato-tipo de subministro de leite cru de vaca aplicable aos gandeiros inscritos no Registro General de Explotaciones Ganaderas (REGA)”.

Tamén a través do Acordo Lácteo se pretende regular o papel dos primeiros compradores de leite, algo especialmente importante en Galicia xa que os primeiros compradores recollen arredor do 30% do leite producido. Respecto á distribución, esta comprometeuse a “non utilizar o leite galego como reclamo publicitario nas súas ofertas”, sinalou Ãngeles Vázquez.

Garantida a recollida de leite

A Consellería do Medio Rural tamén traballa en paralelo a este acordo e, por exemplo, ten acadado un compromiso coas principais industrias que operan na nosa comunidade de recoller, polo menos, o mesmo volume de leite que no 2015, algo que da estabilidade ao sector. De feito, a conselleira indicou que “un dos obxectivos do Goberno galego é garantir que non quede leite sen recoller nas granxas e, a día de hoxe, non temos coñecemento de ningunha”.

A esta medida hai que sumar a posta en marcha da mesa de traballo do Plan de Fortalecemento do Sector Lácteo na que todos os implicados no sector, así como expertos e científicos, traballarán de xeito conxunto para acadar solucións.

“É certo que Galicia sempre estivo por debaixo dos prezos do resto do Estado e de Europa e esta tendencia agudízase en momentos de crise”, sinalou Ãngeles Vázquez. “Pese a iso, aclarou, tamén é certo que o número de gandeiros que agora mesmo venden por baixo dos 20 céntimos o litro representan o 6,06%”. No caso da produción, estamos a falar do 1,15% do leite comercializado na nosa comunidade e seguiremos traballando para que estas porcentaxes sigan baixando.

Solucións dende a Unión Europea

En calquera caso, “hai que ser conscientes”, indicou Ãnxeles Vázquez, “de que o do lácteo é un problema de carácter internacional, non de Galicia, nin tan sequera de España, polo que as solucións hai que buscalas máis alá”. Neste senso, cabe destacar que hoxe entra en vigor a decisión tomada no seo do Consello de Ministros da Unión Europea que autoriza os acordos voluntarios conxuntos entre produtores e a adopción de decisións comúns de cara a planificar o volume de leite que producirán nos próximos seis meses. Polo tanto, coincidindo coa primavera e o verán, o período de maior produción do ano e no que hai unha tendencia á baixa do prezo.

Doutra banda, a conselleira desmentiu que non haxa interese da mocidade por seguir no rural e ofreceu datos que o demostran, como a das axudas de incorporación de mozos ás explotacións. No 2015 houbo 219 mozos interesados nestas achegas e neste exercicio a cifra das solicitudes chega ás 757.

No que se refire aos plans de mellora, ata 2.240 titulares solicitaron estas axudas para facer máis competitivas as súas granxas, cifra que en 2014 (último ano no que se convocaron as axudas) estivo en 710.

Fotografía: Foto Carlos.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-04-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, o que supón un incremento de case un 3% respecto ao ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo conxunto desenvolvido nos últimos anos pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. Segundo os datos correspondentes ao ano 2023, en Galicia recuperáronse un total de 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de latas e outros envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

Creada co obxectivo de impulsar a visibilidade dos traballos das creadoras e creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtametraxes para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na Facultade de Comunicación. As curtas dos estudantes de Comunicación Audiovisual Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
O proxecto Caxato (‘Camiño de Santiago: camiño de intercambio e de aprendizaxe cultural europea’) pretende que persoas maiores de 50 anos sexan protagonistas da súa propia experiencia formativa, potenciando a adquisición de competencias culturais e artísticas, sociais (soft skills), dixitais e de sustentabilidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES