Notas de prensa

Feijóo formaliza a presentación da súa candidatura e comeza a deseñar o PPdeG de 2020

"Hai que volver empezar dende o principio para presentar un proxecto útil, cun partido máis aberto, actitudes novas e con humildade desde o principio". Son as declaracións de Núñez Feijóo durante a presentación formal da súa candidatura á presidencia do PPdeG, na que confirmou: “Hoxe empezamos a deseñar o partido do ano 2020”.

O líder dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que se comeza a deseñar o partido do ano 2020. Así se expresaba o dirixente na presentación formal da súa candidatura para optar á presidencia do PPdeG, que tivo lugar esta tarde coa entrega das firmas requiridas ao presidente da Comisión Organizadora do XVI Congreso autonómico, Miguel Tellado.

O presidente manifestou que quere que a súa candidatura sexa útil ao partido e á Galicia destes tempos xa que, segundo dixo, hai que volver empezar dende o principio para presentar un proxecto útil, cun partido máis aberto, actitudes novas e con humildade.

E é que Feijóo lembrou que a Galicia do ano 2006 e a do 2012 non era a mesma de agora e, en consecuencia, “toca facer unha proposta nova para un proxecto novo”.

Así mesmo, salientou que o feito nos últimos anos foi útil para a nosa comunidade xa que hoxe a economía comeza a crecer, o paro empeza a diminuír, os servizos públicos son máis potentes e, neste 2016, produciuse unha baixada dos impostos.

“Galicia ten máis futuro que hai sete anos” aseveraba ao tempo que declaraba que, se a nosa comunidade é quen de manter o seu autogoberno, pode ser unha das mellores autonomías do país. Deste xeito, o mandatario destacou a importancia de conseguir unha maioría suficiente para gobernar e, por iso, pediu aos galegos unha “confianza excepcional” que permita ter un goberno cun proxecto estable para poder executarse.

O presidente subliñou tamén que o resto de partidos só deixan gobernar aos populares cando non teñen máis remedio que aceptar “a incontestable decisión dos electores a través dunha maioría absoluta”, admitindo que ese resultado sería algo excepcional posto que non se da en ningunha comunidade autónoma.

Consciente do importante de ter un partido forte, Feijóo tamén anunciou que o traballo de cara ao Congreso autonómico acaba de empezar e que, a partir de agora, manterá encontros con afiliados e simpatizantes nas distintas comarcas galegas, arrincando a súa campaña interna esta mesma tarde en Lugo.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-04-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES