Notas de prensa

O Goberno galego pon á factoria Calvo como exemplo de innovación empresarial

Nos últimos anos Calvo, a empresa galega con máis de 30 anos de historia, contou con axudas de máis de 250.000 euros para modernización de equipamento ou mellora da eficiencia enerxética. A Xunta destaca o labor da factoría Clavo, exemplo de aposta pola innovación con preto de 300 empregos en Caldas en Reis.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou o traballo que desenvolve a empresa Clavo Food Factory, con sede en Caldas de Reis, onde traballan arredor de 300 persoas.

Durante a visita realizada a esta factoría, salientou a capacidade de innovación e a competitividade desta empresa con máis de 30 anos de existencia, dous dos eixos fundamentais polos que aposta a Estratexia Industria 4.0 da Xunta de Galicia.

O Goberno galego ten reforzado nos últimos anos o apoio ás empresas para I+D+i e para modernizarse, seguir medrando, sendo máis competitivas e abrindo novos mercados. É o caso desta empresa, que nos últimos anos contou con axudas de máis de 250.000 euros, basicamente para modernización do seu equipamento, para a mellora da eficiencia enerxética, a mellora dos seus procesos e para a saída a mercados exteriores.

O vicepresidente explicou que esta aposta polo tecido empresarial galego está inserida dentro da Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0, que ten como obxectivos a creación de 50.000 empregos industriais ata 2020 e elevar o peso da industria no PIB ata o 20 por cento.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-04-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, o que supón un incremento de case un 3% respecto ao ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo conxunto desenvolvido nos últimos anos pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. Segundo os datos correspondentes ao ano 2023, en Galicia recuperáronse un total de 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de latas e outros envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

Creada co obxectivo de impulsar a visibilidade dos traballos das creadoras e creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtametraxes para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na Facultade de Comunicación. As curtas dos estudantes de Comunicación Audiovisual Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
O proxecto Caxato (‘Camiño de Santiago: camiño de intercambio e de aprendizaxe cultural europea’) pretende que persoas maiores de 50 anos sexan protagonistas da súa propia experiencia formativa, potenciando a adquisición de competencias culturais e artísticas, sociais (soft skills), dixitais e de sustentabilidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES