Notas de prensa

O Centro Coreógrafico Galego selecciona oito bailaríns e bailarinas para o ballet As catro estacións

O departamento de Produción Coreográfica da Agadic representará un espectáculo sobre a composición de Antonio Vivaldi para a actual temporada 2016. Segundo se especifica nas bases, as probas constarán da execución dunha clase de danza clásica e dunha variación clásica ou contemporánea.

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou as bases que rexerán o proceso para a selección dos oito bailaríns e bailarinas que formarán o corpo de baile do ballet ‘As catro estacións’, a próxima produción que levará a cabo o Centro Coreográfico Galego a partir da obra de Antonio Vivaldi.

Segundo establece a convocatoria, os interesados/as en concorrer a estas audicións teñen de prazo ata o 28 de abril para remitir ou presentar as súas solicitudes, de acordo co modelo normalizado dispoñible no web da Agadic. Os aspirantes que reúnan os requirimentos esixidos serán convocados ás probas que se levarán a cabo na sede que o Centro Coreográfico Galego ocupa no coruñés Complexo Deportivo de Elviña.

Estas probas constarán de dúas fases e poderán supoñer unha puntuación máxima de 50 puntos: valoración de currículo profesional atendendo a criterios de idoneidade e experiencia na danza (ata 20 puntos) e proba de interpretación (ata 30 puntos). à súa vez, a de interpretación consistirá en dúas partes, que se desenvolverán preferiblemente no mesmo día. A primeira delas será a execución dunha clase de danza clásica dunha hora e media de duración. Terá carácter eliminatorio e nela valoraranse aspectos como a calidade artística, técnica de puntas e técnica de paso a dous. Os 16 aspirantes que obteñan a mellor puntuación continuarán co proceso selectivo, no que deberán desenvolver un fragmento dunha peza da autoría dun dos coreógrafos invitados ou, no seu defecto, unha variación clásica ou contemporánea, nun tempo máximo de tres minutos.

A cualificación final virá determinada pola suma das puntuacións acadadas nas dúas fases. Os bailaríns escollidos poderán formalizar un contrato de traballo sometido á lexislación que regula a relación laboral especial dos artistas en espectáculos públicos.

Cos candidatos/as que non resulten seleccionados formarase unha listaxe diferenciada por sexos, que se utilizará para eventuais substitucións por renuncias ou baixas dos titulares, respectándose a orde de puntuación acadada nas probas de selección.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-04-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, o que supón un incremento de case un 3% respecto ao ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo conxunto desenvolvido nos últimos anos pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. Segundo os datos correspondentes ao ano 2023, en Galicia recuperáronse un total de 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de latas e outros envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

Creada co obxectivo de impulsar a visibilidade dos traballos das creadoras e creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtametraxes para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na Facultade de Comunicación. As curtas dos estudantes de Comunicación Audiovisual Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
O proxecto Caxato (‘Camiño de Santiago: camiño de intercambio e de aprendizaxe cultural europea’) pretende que persoas maiores de 50 anos sexan protagonistas da súa propia experiencia formativa, potenciando a adquisición de competencias culturais e artísticas, sociais (soft skills), dixitais e de sustentabilidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES