Notas de prensa

A oferta turística galega promóvese en Portugal dentro da feira Mundo Abreu

Trátase dun certame destinado ao público final organizado polo operador turístico máis importante do país veciño. O turismo galego promocionarase, así, en Portugal, o principal mercado emisor internacional da Comunidade galega. O número de turistas portugueses medrou un 14% en 2015 en relación ao ano anterior.

A oferta turística galega presentarase en Portugal, dentro da feira Mundo Abreu, un certame turístico organizado en Lisboa polo operador turístico Viaxes Abreu no que participan os axentes da compañía e varios destinos turísticos convidados, entre eles Galicia.

Viaxes Abreu é o principal operador turístico de Portugal e cada ano organiza unha feira para presentar as novidades da propia compañía no ámbito das viaxes turísticas e algúns destinos turísticos teñen a posibilidade de presentar a súa oferta ao público que asiste a este certame.

Está previsto que este ano, entre os días 9 e 10 de abril, asistan máis de 150.000 persoas, moitas das cales mercan as súas vacacións atraídas polas ofertas e descontos que se ofrecen no certame.

Galicia estará presente cun recinto aberto ao público a través do que se difundirá a oferta turística galega facendo fincapé nas posibilidades que ofrece a nosa comunidade para esta primavera e o próximo verán.

Demanda turística

Así, o turismo galego promocionarase en Portugal, o principal mercado emisor internacional da Comunidade galega. Con máis de 180.000 viaxeiros aloxados nos establecementos regrados de Galicia e preto de 320.000 noites o mercado portugués representou no pasado ano o 15,5% do total do turismo internacional da comunidade.

En 2015, este mercado superou nun 14% os niveis de demanda do anterior ano 2014. No que respecta a este ano 2016, no conxunto dos dous primeiros meses, o mercado portugués representou o 24% do total da demanda.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-04-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (puccini.jpg) A posta en escena de La Bohème abrirá esta 72ª edición con dúas representacións o 8 e o 10 de setembro no Palacio da Ópera. A homenaxe a Puccini arranca, pois, cunha das súas obras máis coñecidas, que regresa á Coruña despois de 17 anos. Con ela, volven tamén á Temporada Lírica o tenor Celso Albelo e a soprano Miren Urbieta-Vega, nos papeis protagonistas desta produción da Luglio Musicale Trapanese, con dirección escénica de Danilo Coppola. Helena Abad, Manuel Mas, Simón Orfila, Pablo Carballido, Jacobo Rubianes e Alfonso Castro completan o elenco desta montaxe, na que José Miguel Pérez-Sierra levará a batuta da Orquestra Sinfónica de Galicia e para a que se contará, así mesmo, cos coros Gaos e Cantabile.
Foto de la tercera plana (gozo-festival.jpg) O cantante Rod Stewart vén de incorporarse ao cartel de O Gozo Festival 2024 co concerto que realizará o vindeiro 15 de decembro no Coliseum da Coruña. O artista, con máis de 250 millóns de discos e singles vendidos na súa carreira musical, chegará a Galicia da man deste festival que, ademais, ten programadas distintas opcións durante este ano en diferentes cidades galegas a cargo de reputados artistas internacionais. Nestes momentos hai máis de 52.000 entradas vendidas para o inicio da programación con público confirmado de Uruguay, Finlandia, México, Arxentina, Irlanda ou Xapón.

Notas

O proxecto Nature FIRST, no que participa 3edata, está a xerar solucións innovadoras para a monitorización da biodiversidade. A empresa de base tecnolóxica presentou en Frascati (Italia), no marco do Seminario sobre crimes ambientais e o papel das novas tecnoloxías de observación da Terra, as súas últimas achegas para esta investigación no eido da cartografía de hábitats en espazos protexidos.
Máis de 1200 participantes (académicos/as e activistas de diferentes países) preto de 200 sesións, sete conversas plenarias e máis de 20 actividades divulgativas, artísticas e culturais. Estas son algunhas das cifras da ESEE-Degrowth 2024, evento no que se agrupan a 15 Conferencia da Sociedade Europea de Economía Ecolóxica e a 10 Conferencia Internacional de Decrecemento.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES