Notas de prensa

A exposición Manuel Rodríguez López, na Casa dos Poetas de Celanova

O luns, 4 de abril, ás 17,00 h., inaugurarase en Celanova (Ourense), na Casa dos Poetas, a exposición MANUEL RODRÃGUEZ LÓPEZ, que permanecerá aberta ata o día 20 de abril.

A exposición é unha das accións do Proxecto Manuel Rodríguez López que, para impulsar a obra e a figura deste autor, promoven Galicia Digital e a familia do escritor, co respaldo do Concello de Paradela, Xunta de Galicia (Secretarías de Cultura e Política Lingüística), Deputación Provincial de Lugo (Vicepresidencia-Delegación de Cultura), Concello de Lugo e Real Academia Galega.

A exposición itinerante, formada por 8 paneis dobles que reflicten a vida e obra deste escritor, considerado o máis destacado poeta obreiro da Galicia do século XX e ponte entre os galegos de Galicia e os galegos en Catalunya, xa se puido ver nas catro capitais de provincia de Galicia, Ferrol, Santiago, Barcelona, Madrid e en diversas localidades galegas.

à inauguración da exposición acudirán a viuva do escritor, Irene López; o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez; o alcalde de Paradela, José Manuel Mato, e Antonio Giz, Director de Galicia Digital. Participarán, pola entidade colaboradora, Fundación Curros Enríquez-Casa dos poetas, o Presidente e Alcalde de celanova, José Luis Ferro, e o Secretario, Antonio Piñeiro.

Xulio Xiz, 2016-04-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (gozo-festival-2026.jpg) Os Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia achegarán a mellor música internacional do momento a Santiago de Compostela cunha nova edición de O Gozo Festival. Maroon 5, Martin Garrix, Danny Ocean, Rita Ora e Miriam Rodríguez son as primeiras confirmacións do festival, que presentarán os seus directos no Monte do Gozo compostelán o sábado 11 de xullo de 2026. O Gozo Fest conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo. En 2026, O Gozo Festival celebrará a súa cuarta edición cun line-up de luxo. O proxecto O Gozo Festival, que naceu en 2023 co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo, consolidouse na súa terceira edición, celebrada en 2025, cun éxito rotundo de crítica e público.
Foto de la tercera plana (20251210-rueda.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu esta mañá, na súa condición de presidente da delegación española do Comité Europeo das Rexións (CdR), unha maior cogobernanza das rexións na planificación e xestión dos fondos europeos e máis recursos para o sector primario. Así o destacou logo dunha reunión organizada polo Executivo galego entre os representantes españois tanto das comunidades autónomas como das entidades locais do CdR con eurodeputados españois e o embaixador representante permanente de España ante a Unión Europea, Marcos Alonso, 'para poñer en común as intencións e o noso plantexamento' de cara á negociación do novo Marco Financieiro Plurianual 2028-2034.

Notas

A mostra 'Alfredo Brañas Menéndez XIX-XXI. 125 anos do seu pasamento' chega ao Claustro Alto do Colexio de Fonseca para, en palabras da comisaria, Belén Trigo, 'buscar e descubrir os aspectos menos tratados' da figura deste intelectual rexionalista e 'establecer un diálogo entre dúas épocas', o século XIX e as primeiras décadas do século XXI. A exposición, que pode visitarse ata o 15 de xaneiro, conta cunha mostra bibliográfica con obras do autor e sobre o autor, documentos que obran no poder da USC, e 16 paneis.
Organizada polo Concello de Pontevedra e a Facultade de Belas Artes, a exposición Do final e do comezo reúne as creacións que 25 novos tituladas e titulados deste centro desenvolveron como parte dos seus traballos de fin de grao . As obras de 21 egresadas e catro egresados foron seleccionadas para unha mostra que busca achegar á cidadanía o proceso de 'construción e reconstrución' como artistas que implicou a súa formación, á vez que reúne un conxunto de pezas que representen as múltiples disciplinas traballadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES