
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, gabou a Ramón María Aller Ulloa como precursor do uso do galego no eido científico durante a presentación da obra Astronomía a ollo ceibe, editado agora en lingua galega con motivo do 50 aniversario do pasamento do científico lalinense.
O titular do departamento de Cultura e Educación da Xunta de Galicia lembrou que o astrónomo galego foi o creador do primeiro Observatorio astronómico de España na súa casa natal de Lalín. Tamén rememorou que a publicación Astronomía a ollo ceibe xa fora anunciada pola prensa da época en 1936 como unha guía de divulgación astronómica en galego, pero o certo é que o orixinal nunha foi localizado.
Deste xeito, a obra presentada está baseada no volume en castelán Astronomía a simple vista, publicado en 1948. Coordinada polo profesor e director do Observatorio da USC, José Angel Docobo, e co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería, así como da Editorial da USC, Astronomía a ollo ceibe ve a luz como orixinalmente foi concibida por esta figura senlleira, subliñou Román Rodríguez.
Figura clave na ciencia galega
O conselleiro lembrou a fonda pegada do científico dezao na divulgación científica de principios do século XX na lingua propia. Ramón Mª Aller ingresou no Seminario de Estudos Galegos en 1928, onde traballou a prol da introdución das ciencias no seno desta organización.
Así mesmo, e ao abeiro das reunións celebradas no Observatorio astronómico de Lalín, preparouse a redacción dunha extensa biografía do Matemático Rodríguez en 1929 e elaboráronse diversos ensaios escritos para a revista Logos, escrita en galego.
Conmemoración no pobo natal
Ademais de participar na presentación desta edición, Román Rodríguez tamén asistirá ao acto conmemorativo que se celebrará ás 20:00 horas no Museo Municipal de Lalín, que leva o propio nome do científico.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.