Notas de prensa

A Eurocidade Tui-Valença congregou a máis de 1.600 ciclistas nas probas da V Eurocidade BTT e da Transgalaica Tui

6 probas de ciclismo teñen lugar ao longo do ano na Eurocidade Tui-Valença. Cinco delas son de bicicleta de montaña e unha de bicicleta de estrada. As excelentes condicións que presenta a Eurocidade para a práctica da BTT con lugares tan singulares coma o Parque Natural do Monte Aloia ou o Monte Faro, así coma a Fortaleza de Valença ou o Conxunto Histórico de Tui, xunto á boa organización dos clubs locais, e a colaboración de centos de voluntarios, marcan en destacado estas actividades na axenda dos afeccionados ás dúas rodas.

No mes de marzo celebráronse as dúas primeiras probas que sumaron 1.600 participantes. Así, o domingo día 6 tivo lugar a V Eurocidade BTT, organizada pola Peña Ciclista Biciosos. Congregou a 1.200 ciclistas de Galicia e Portugal nunha proba non competitiva polo municipio de Valença e Tui, a vella Ponte Internacional, os montes de Malvas, Pexegueiro, Tetón, Aloia e Faro, e coas famosas trialeiras da marcha biciosa. Éxito de participación nesta quinta edición e éxito organizativo, xa que, a pesar das dificultades de controlar a máis de 1.000 ciclistas, os 200 voluntarios da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, dos Bombeiros Voluntarios de Valença, Cruz Vermelha de Valença, Protección Civil de Valença, Cruz Vermella de Vigo, GNR, Policía Local de Tui, e clubs locais, aseguraron cada un dos cruces por onde pasaron os dous percorridos da proba, de 45 e 69 quilómetros. A saída e a meta estivo na piscina de Valença.

A Eurocidade Tui-Valença felicita a todos os integrantes da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, pola magnífica organización desta quinta edición da Eurocidade BTT. Tamén agradece a colaboración dos patrocinadores principais Coca Cola, Eurobanan, Maribérica e SportPasión, así como a LusoPrint, VerdeAzul, BiciTui, BikeOcasión, M Bikes, Tramo Libre, Atlas Copco, HobbyBike, DeporBici, BiciOcon, Albergue Villa San Clemente, Hotel Alfonso I, Parque Natural do Monte Aloia, Comunidades de Montes e Entidades Locais Menores por onde pasou o percorrido, e aos voluntarios dos clubs tudenses e valencianos.

Xa onte domingo, 13 de marzo, foron case 400 os ciclistas que se deron cita na segunda proba da Transgalaica, baixo a organización do Club Ciclista de la Fuente e Team Relay. Un minuto de silencio en homenaxe aos ciclistas atropelados o sábado na Guarda, marcou a saída na que os participantes completaron dúas voltas ao circuíto establecido polo Parque Natural do Monte Aloia.

Os participantes puideron disfrutar de pleno o contacto coa natureza, xa que a saída e a meta estaban na zona da Macoca, onde fixeron uso das instalacións deportivas e de lecer que hai no lugar. Neste caso si houbo competición. A vitoria foi para Brandán Márquez do Galicia Enbici-Scott, seguido do asturiano Manuel Carrelo e do líder do circuíto, Javier Busto. Mentres na categoría feminina claro dominio de Lara Lois do C.C.O Grove seguida por Isabel Picoaga e Ana María González.

A Eurocidade volverá ser punto de encontro para os amantes da bicicleta coa Big Ride Eurocidade que se celebrará o 21 e 22 de maio, xunto coa segunda proba do Open de España de Enduro baixo a organización de Sherpa Project. Xa no mes de setembro disputarase o segundo circuíto 12 horas BTT organizado por MTB Aloia e en setembro o Mini BTT Concello de Tui. A estas probas de bicicleta de montaña sumarase en xuño unha competición de bicicleta de estrada.

Gabinete de Comunicación do Concello de Tui, 2016-03-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES