Notas de prensa

Preséntase a oferta semestral no Auditorio de Ourense, logo de bater rexistros de asistencia en 2015

A programación comeza co concerto Todo me fala de ti de Uxía e Magín Blanco (sábado, 12h) e Tolemaxias, do mago Teto. O tráfico de espectadores incrementouse un 26,5% respecto do ano anterior, chegando a un total de 104.042 persoas nos 494 epsectáculos. A infantil e familiar segue sendo o eixo básico xunto á música, teatro, ópera-rock...

O Auditorio Municipal vén de presentar a oferta cultural para o primeiro semestre de ano, “produtos atractivos culturalmente e outros abertos aos proxectos desenvolvidos pola cidadanía de Ourense para exercer de plataforma de proxección e coñecemento de todos eles”, en palabras da Concelleira de Cultura, Belén Iglesias, na presentación do calendario en rolda de prensa. A idea dos programadores municipais para 2016 é a de seguir crecendo en número de asistentes: se en 2015 pasaron 104.042 persoas polas 494 actividades que se organizaron, cifra récord e un incremento dun 26,5% respecto do ano anterior, 2016 quere consolidar o Auditorio coma “o espazo referente da cultura na provincia e na cidade”, dixo.

Un dos eixes básicos da axenda para 2016 no Auditorio volve ser a programación infantil: “A cita dos domingo ás 12 h é un éxito de convocatoria, e xa hai meses ampliamos a oferta coa introdución do teatro para bebés, os primeiros venres de cada mes”, afirmaba a concelleira. Neste sentido, habilitouse unha sala específica para as actividades dirixidas a cativos de 0 a 3 anos, e ideouse un novidoso sistema de bonos para fidelizar o público. “As entradas oscilan entre os 3 e os 5 euros, pero cun bono de 5 aforras o prezo dunha sesión”, explicaba Manuel Freire, programador do espazo cultural.

O Auditorio acolle, precisamente, dúas funcións dirixidas ao público máis pequeno: 'Todo me fala de ti', o concerto de Uxía e Magín Blanco dentro do programa FalaRedes (o sábado ás 12h na sala azul, entrada de balde até completar aforo), e o espectáculo '25 anos de Tolemaxias', un percorrido pola carreira do mago Teto (domingo, 12h, sala azul, entradas en www.ataquilla.com e dúas horas antes da función na billeteira).

A programación xeral, pola súa banda, pretende abarcar un abano diverso no que haberá obras de primeira orde coma 'Los 10 negritos', de Ãgatha Christie, música, con Rozalen ou a ópera rock, e outras manifestacións artísticas como danza ou monólogos. “Actualmente”, dixo Manuel Freire, “non hai en Galicia espazo cultural que nos poida igualar”.

Gabinete de Comunicación do Concello de Ourense, 2016-02-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (medio-ambiente.jpg) O Pacto Mundial da ONU é a iniciativa de Nacións Unidas que lidera a sustentabilidade empresarial no mundo. Conta con máis de 20 anos de experiencia e máis de 70 redes locais a nivel global, entre elas, a española. O Cactus do Campus Terra da USC acolleu este luns 6 a xuntanza deste órgano que ten como obxectivo fomentar a implantación dos Dez Principios do Pacto Mundial ao mesmo tempo que promove a integración dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible no sector empresarial, sendo a única organización que conta co mandato de Nacións Unidas para este propósito.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura impulsa a transformación artística do patrimonio sonoro galego a través de dúas residencias dos artistas Xoán-Xil López e Matilde Meireles. Faino a través da Fundación Cidade da Cultura en colaboración co festival RESIS de música contemporánea e co Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit-CSIC). No proxecto titulado Sereas, o lugués Xoán-Xil López está a dar forma a un concerto inspirado no levantamento das traballadoras da Fábrica de Tabacos da Coruña en 1857, cando estas se revelaron contra a mecanización da produción arroxando ao mar as máquinas adquiridas pola empresa.

Notas

O Festival Internacional de Divulgación Científica Pint of Science regresa a vindeira semana e nesta nova edición estará presente 500 cidades de 25 países, entre elas, 67 cidades de España como Ourense e Vigo. Será a novena vez que esta iniciativa de divulgación científica se celebre en España, propoñendo bares, pubs e cafeterías como punto de encontro entre científicos e científicas e o público xeral.
Un consorcio formado por persoal investigador das tres universidades galegas, liderado desde a Universidade de Santiago de Compostela pola docente Luzia Oca e a ONG Ecos do Sur, están a traballar no proxecto ‘Mulleres á fronte dende o Sur Global. Investigación e intervención participativa en materia de desenvolvemento e igualdade a través da música’.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES