Notas de prensa

Manuel Rodríguez López, 25 anos despois

En 2015 cumpríronse vintecinco anos do pasamento do escritor de Paradela Manuel Rodríguez López. Galicia Digital publica textos de escritores que lembran a súa figura (www.manuelrodriguezlopez.org).

Un cuarto de século despois, o escritor da nome á Casa da Cultura de Paradela (Lugo) e ao certame literario do Concello paradelense, que celebrou xa a súa vixésima edición, e é protagonista do PROXECTO de difusión da súa persoa e obra emprendido por Galicia Digital e a súa familia, co apoio do Concello de Paradela, Xunta de Galicia (Secretarías Xerais de Política Lingüística e Cultura), Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, Concello de Lugo e Real Academia Galega.

Dentro deste proxecto inclúese este ESPECIAL 25 ANOS, no que diversos escritores lembran a Manuel Rodríguez López, e que ven de publicarse en Internet (www.manuelrodriguezlopez.org), prevéndose tamén a súa publicación en libro. Trátase dunha publicación aberta, na que se incluirán outras colaboracións comprometidas que aínda non se recibiron.

Este especial está composto por poemas e narracións, tanto de escritores que foron premiados nas diversas edicións do anual certame do Concello de Paradela, como de escritores consagrados, entre os que figuran os secretarios Xerais de Política Lingüística (Valentín García) e de Cultura (Anxo Lorenzo), así como Xesús Alonso Montero, actual Presidente da Real Academia Galega, amigo do escritor, que mantén coa súa familia unha especial relación e colabora decididamente nas actividades do Proxecto Manuel Rodríguez López.

Singulares son as aportacións gráficas de Ãlvaro de la Vega e Siro. Ãlvaro de la Vega, artista escultor do mesmo concello que o homenaxeado, proporcionounos un orixinal retrato do escritor e Siro López Lorenzo (Siro), o xenial caricaturista galego, unha peza mestra da súa arte.

Galicia Digital agradece a todos a súa participación, e hónrase en publicar esta especial lembranza dentro da web www.manuelrodriguezlopez.org, como homenaxe ao escritor e amigo ao cumprirse o cuarto de século do seu pasamento.

Pode accederse directamente a este ESPECIAL en:
http://manuelrodriguezlopez.org/page/25-aniversario-do-pasamento-de-manuel-rodriguez-lopez

GaliciaDigital, 2016-01-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (memoriachaira.jpg) O 8 de setembro, en Outeiro de Rei - Penas de Rodas, Cemiterio e Campa de Santa Sabela - , desde 2005, celébrase a "Memoria da Chaira enteira" na lembranza de Manuel María, no cabodano do seu pasamento, organizada pola Asociación Xermolos, de Guitiriz e a Irmandade Manuel María. Os actos comezarán ás 14,30 cun xantar de irmandade no Restaurante Río Ladra, para seguir ás 17,00 cun recital nas Penas de Rodas, a cargo de voces amigas do Manuel que len anacos da súa poesía ou creacións propias na súa lembranza.
Foto de la tercera plana (presidenteoicinas.jpg) Estes espazos ofrecerán asesoramiento aos veciños que o precisen da man de técnicos da Xunta para axilizar a tramitación das axudas e para ofrecer a información sobre a situación . Concluíu o Presidente que haberá "rapidez en sacar axudas e rapidez en concedelas, e que a xente teña o diñeiro que precisa o antes posible".

Notas

Do 1 ao 15 de setembro desenvolverase esta acción dinamizadora nos concellos de Miño, Pontedeume, Poio, Meaño, Mondoñedo, Lourenzá, Barreiros, A Pobra de Trives, A Teixeira, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Parada de Sil e San Xoán de Río As persoas consumidoras poderán rexistrar as súas compras nestes municipios a través da páxina web oficial da campaña ou directamente nos establecementos participantes co gallo de participar no sorteo de tarxetas prepago de 50 euros
O galardón, creado polo Instituto de Estudos do Territorio, pretende poñer en valor a implicación das entidades locais e da veciñanza no coidado da paisaxe e do patrimonio natural, distinguindo aos municipios máis dinámicos neste eido.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES