Notas de prensa

O PSdeG critica a Feijóo por furtarlle o futuro á xeración mellor formada de Galicia

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, acusou ao PP de “furtarlle o futuro á xeración de mozos e mozas mellor formada da historia de Galicia”. O PPdeG vetou unha proposición non de Lei presentada polo deputado socialista para coordinar os recursos da FP coa Consellería de Traballo e facilitar a busca de emprego para a xuventude.

Docasar advertiu que “o problema do paro xuvenil”, cunha taxa de perto do 50 por cento en Galicia, resulta “insoportable” e esixe unha “grande determinación e vontade política” das que “o goberno galego e o PP están demostrando carecer”. Advertiu que o desleixo do goberno galego deixa “sen expectativas” aos mozos e mozas que “só poden agardar a rematar a súa formación para pasar a encher as cifras do desemprego”.

O responsable socialista propuxo aproveitar “a enorme experiencia actualmente desaproveitada” en perto de 200 centros educativos que imparten Formación Profesional en Galicia. e reclamou “poñer todos os recursos humanos e materiais cos que conta o goberno galego a disposición da mellora da inserción laboral da nosa xente moza”.

Considera “imperdoable” o veto do PP a “poñer ao servizo desta causa tódolos recursos humanos cos que contan as administracións públicas para intentar mellorar esta insoportable lacra social”.

Lembrou Docasar aos equipos directivos, titores de prácticas en empresas, responsables de Formación en Centros de Traballo ou departamentos de orientación cunha experiencia de anos colaborando co sector empresarial para a inserción laboral de estudantes e que está a ser desaproveitada e ignorada polo goberno galego.

Gabinete de Comunicación do PSdeG, 2016-01-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (medio-ambiente.jpg) O Pacto Mundial da ONU é a iniciativa de Nacións Unidas que lidera a sustentabilidade empresarial no mundo. Conta con máis de 20 anos de experiencia e máis de 70 redes locais a nivel global, entre elas, a española. O Cactus do Campus Terra da USC acolleu este luns 6 a xuntanza deste órgano que ten como obxectivo fomentar a implantación dos Dez Principios do Pacto Mundial ao mesmo tempo que promove a integración dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible no sector empresarial, sendo a única organización que conta co mandato de Nacións Unidas para este propósito.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura impulsa a transformación artística do patrimonio sonoro galego a través de dúas residencias dos artistas Xoán-Xil López e Matilde Meireles. Faino a través da Fundación Cidade da Cultura en colaboración co festival RESIS de música contemporánea e co Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit-CSIC). No proxecto titulado Sereas, o lugués Xoán-Xil López está a dar forma a un concerto inspirado no levantamento das traballadoras da Fábrica de Tabacos da Coruña en 1857, cando estas se revelaron contra a mecanización da produción arroxando ao mar as máquinas adquiridas pola empresa.

Notas

O Festival Internacional de Divulgación Científica Pint of Science regresa a vindeira semana e nesta nova edición estará presente 500 cidades de 25 países, entre elas, 67 cidades de España como Ourense e Vigo. Será a novena vez que esta iniciativa de divulgación científica se celebre en España, propoñendo bares, pubs e cafeterías como punto de encontro entre científicos e científicas e o público xeral.
Un consorcio formado por persoal investigador das tres universidades galegas, liderado desde a Universidade de Santiago de Compostela pola docente Luzia Oca e a ONG Ecos do Sur, están a traballar no proxecto ‘Mulleres á fronte dende o Sur Global. Investigación e intervención participativa en materia de desenvolvemento e igualdade a través da música’.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES