Notas de prensa

Teatro do Noroeste estrea na Coruña a obra de Eduardo Alonso: Palabras malditas

Miguel Ãnsua, Sara Casasnovas e Luma Gómez interpretan esta historia, ambientada na cidade herculina da posguerra e na que dous marxinados, un profesor represaliado e unha prostituta, que se esforzarán por atopar xuntos a felicidade. O espectáculo arranca no Teatro Rosalía de Castro da Coruña coa axuda de Agadic á produción escénica en Galicia.

O Teatro Rosalía Castro da Coruña acolle o venres 15 de xaneiro a estrea do novo espectáculo de Teatro do Noroeste, ‘Palabras malditas’, escrito e dirixido por Eduardo Alonso. A última proposta da compañía compostelá, ambientada na cidade herculina nos anos da posguerra, é unha das 26 montaxes subvencionadas en 2015 pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da convocatoria de axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) á produción escénica.

O director da Agadic, Jacobo Sutil, asistirá á estrea que se celebrará mañá ás 20.30 horas. O sábado á mesma hora terá lugar unha segunda representación, inserida na programación que o teatro coruñés desenvolve como integrante da Rede Galega de Teatros e Auditorios, o circuíto de distribución de espectáculos promovido pola Agadic en colaboración con preto de 40 entidades e concellos de toda Galicia.

Temporada en Madrid

Teatro do Noroeste sitúase con este espectáculo entre as compañías máis programadas durante o primeiro semestre de 2016 neste circuíto, no marco do que levará a cabo 11 representacións de ‘Palabras malditas’. Ademais, a compañía viaxará a Madrid coa versión en castelá desta montaxe, que poderá verse no Teatro Español do 5 ao 22 de maio.

Miguel Ãnsua, Sara Casasnovas e Luma Gómez compoñen o trío interpretativo desta produción, realizada a partir da obra pola que Eduardo Alonso conseguiu un accésit do Premio Lope de Vega 2014. A peza xira arredor da historia compartida nos anos corenta por dous seres marxinados, un represaliado profesor especialista en poesía francesa e unha prostituta, que coinciden nunha sórdida pensión da Coruña. A pesar das aparentes diferenzas que os separan, ambos aférranse o un ao outro como táboa de salvación fronte á soidade. Desde xeito, formarán un tándem inspirador na procura da felicidade.

No equipo de Teatro do Noroeste figuran tamén Fernando Alonso na composición musical, Paco Conesa no deseño da escenografía e vestiario e Eva Alonso na produción.

As entradas para as dúas funcións de ‘Palabras malditas’ na Coruña poden adquirirse a través das canles habituais para a venda de billetes do Teatro Rosalía Castro: na billeteira central da praza de Ourense, aberta de luns a venres de 9.30 a 13.00 horas e de 16.30 a 19.30 horas, no teléfono 902 044 226 ou na web de Ticketea, ademais de no propio teatro os días de representación.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-01-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ãngel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES