Notas de prensa

A Xunta avalía as consecuencias das principais incidencias rexistradas en Galicia no último temporal

No que se refire a infraestruturas portuarias, 35 portos de Galicia resultaron afectados con distinta intensidade por roturas de pantaláns e flotadores, desprendementos de amarre e caídas de valos e sinais informativas. Rexistráronse 87 incidencias en 87 centros educativos de Galicia.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou das principais incidencias rexistradas en Galicia por mor do temporal que afectou a Comunidade nas últimas semanas e sinalou que, só desde o 6 de xaneiro, o 112 xestionou máis de 1.200 chamadas. Segundo dixo, na súa meirande parte estiveron relacionadas con anegamentos, bolsas de auga nas estradas, caída de árbores e pólas, e desprendementos de terra e pedras provocadas polos fortes ventos e polas chuvias continuadas.

O titular da Xunta indicou que, segundo os datos recollidos por Meteogalicia, a chuvia rexistrada nos 12 primeiros días deste mes de xaneiro supera en toda Galicia o que é habitual durante todo o mes de xaneiro e, ao mesmo tempo, nas zonas de maior precipitación duplicouse a media normal de chuvia mensual. De feito, sinalou que houbo zonas onde se superaron os 500 l/² e mesmo os 600 l/m², unha cantidade que non superan habitualmente máis da metade das capitais de provincias españolas en todo un ano.

Así, avanzou que Augas de Galicia activou hoxe novamente o protocolo de enchentes con alerta polo significativo aumento dos caudais en boa parte dos ríos da Comunidade Autónoma. Cabe destacar que a existencia dos encoros nas zonas máis afectadas como a Conca do Río Umia ou o Verdugo evitou males maiores e, a día de hoxe, engadiu, os encoros están a reducir os seus niveis de ocupación para prepararse para as próximas chuvias.

Incidencias en estradas, portos e centros educativos

No que se refire a infraestruturas portuarias, indicou que 35 portos de Galicia resultaron afectados con distinta intensidade por roturas de pantaláns e flotadores, desprendementos de amarre e caídas de valos e sinais informativas.

Nas escolas, sinalou que se rexistraron 87 incidencias en 87 centros educativos e que case na metade dos casos trátase de goteiras, inundacións, desperfectos en cubertas e mesmo algún dano eléctrico.

E, no tocante ás estradas, precisou que foron 47 as incidencias ocasionadas polo temporal, das que 40 están totalmente solucionadas e sete en execución. A gran maioría destas incidencias son desprendementos de terra e de muros de contención, asolagamentos e afundimentos en calzadas.

Para devolver a circulación ás estradas con axilidade, dixo, a Xunta está a mobilizar máis de 60 máquinas con 285 profesionais da Axencia Galega de Infraestruturas que están traballando en solventar estas incidencias nas vías galegas. Así mesmo, sinalou que tamén se está a actuar para previr posibles nevaradas e xeadas que dificultan o tráfico, con 366 Tm de produtos fundentes distribuídas xa nas estradas de titularidade autonómica.

Concretamente, referiuse á situación da estrada AG-53 Santiago-Brión, que sufriu un desprendemento o pasado sábado que supuxo ter que cortar un carril. Nesta liña, avanzou que mañá mesmo a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, manterá unha xuntanza coa concesionaria desta autovía para ver distintas actuacións e axilizar ao máximo as intervencións.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-01-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (medio-ambiente.jpg) O Pacto Mundial da ONU é a iniciativa de Nacións Unidas que lidera a sustentabilidade empresarial no mundo. Conta con máis de 20 anos de experiencia e máis de 70 redes locais a nivel global, entre elas, a española. O Cactus do Campus Terra da USC acolleu este luns 6 a xuntanza deste órgano que ten como obxectivo fomentar a implantación dos Dez Principios do Pacto Mundial ao mesmo tempo que promove a integración dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible no sector empresarial, sendo a única organización que conta co mandato de Nacións Unidas para este propósito.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura impulsa a transformación artística do patrimonio sonoro galego a través de dúas residencias dos artistas Xoán-Xil López e Matilde Meireles. Faino a través da Fundación Cidade da Cultura en colaboración co festival RESIS de música contemporánea e co Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit-CSIC). No proxecto titulado Sereas, o lugués Xoán-Xil López está a dar forma a un concerto inspirado no levantamento das traballadoras da Fábrica de Tabacos da Coruña en 1857, cando estas se revelaron contra a mecanización da produción arroxando ao mar as máquinas adquiridas pola empresa.

Notas

O Festival Internacional de Divulgación Científica Pint of Science regresa a vindeira semana e nesta nova edición estará presente 500 cidades de 25 países, entre elas, 67 cidades de España como Ourense e Vigo. Será a novena vez que esta iniciativa de divulgación científica se celebre en España, propoñendo bares, pubs e cafeterías como punto de encontro entre científicos e científicas e o público xeral.
Un consorcio formado por persoal investigador das tres universidades galegas, liderado desde a Universidade de Santiago de Compostela pola docente Luzia Oca e a ONG Ecos do Sur, están a traballar no proxecto ‘Mulleres á fronte dende o Sur Global. Investigación e intervención participativa en materia de desenvolvemento e igualdade a través da música’.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES