//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse esta mañá cos responsables da AECT Rio Minho para coñecer de primeira man as prioridades e os proxectos que ten en marcha este instrumento de cooperación que abrangue 16 concellos da provincia de Pontevedra e 10 da CIM Alto Minho. Esta é unha primeira visita que o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, continuará co resto de AECTs. Deste xeito, está previsto que se entreviste tamén cos responsables da AECT Chaves-Verín, e da futura AECT da Raia Seca.
A Formación Profesional galega contará a partir do vindeiro curso co dobre de inglés do marcado como mínimo na normativa básica estatal e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación práctica, ata un 82% máis que ata o momento. Todo isto mantendo o peso da formación no centro educativo, cuxo profesorado é o piar fundamental do éxito acadado polo sistema galego de FP nos últimos anos. O modelo de FP de éxito tense adiantado e implementado moitos dos cambios que agora o Ministerio toma como sistema a imitar en toda España. Polo tanto a aplicación da nova lei vai ser flexible, de tal forma que en Galicia se manteña a excelencia e se incorporen as novidades.
A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.
A Xunta salienta que ningún concello presentou a solicitude de declaración de zona tensionada e advirte das consecuencias negativas desta medida para o mercado de alugueiro de vivendas. O director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García, participou esta tarde na mesa de debate Declaración de zonas tensionadas no marco do V Congreso Inmobiliario de Galicia, organizado pola Asociación Galega de Inmobiliarias. Heriberto García lembrou que a lei estatal trae máis incertezas que confianza ao mercado residencial, polo que o Goberno galego xa a recorreu ante o Constitucional.
Baixo o título 'Horizontes dos Estudos Galegos e /na Lusofonía', esta nova edición do congreso da AIEG parte do tradicional vínculo entre Galicia e os países lusófonos para promover o debate, a crítica e novas propostas sobre as relacións no espazo cultural, académico e institucional. Farao a través de relatorios, paneis, mesas e sesións plenarias nas que participarán especialistas das tres universidades galegas, pero tamén do ámbito nacional e internacional, que discutirán sobre os campos lingüístico, literario, histórico, económico, antropolóxico, filosófico, sociolóxico e artístico. No marco do congreso tamén terán cabida as actividades culturais, como excursións ou exposicións, especialmente dirixidas á mocidade investigadora; ou a presentación de produtos académicos e proxectos, como o Proxecto Nós, impulsado polo Goberno galego para incorporar a lingua propia de Galicia á vangarda da Intelixencia Artificial.
O sistema sanitario público galego sitúase como o terceiro con mellores tempos de espera media para acceder a unha intervención cirúrxica, dentro do Sistema Nacional de Saúde. Segundo o último informe publicado polo Ministerio de Sanidade, os datos a decembro de 2023 reflicten que o tempo medio de espera para cirurxías en Galicia sitúase en 67 días (61 menos que a media española) situada en 128 días.Neste senso, e atendendo a comparativa interanual, entre os meses de decembro do ano 2022 e decembro de 2023, o sistema sanitario público galego conseguiu reducir en 8 días o tempo de agarda dos pacientes galegos que precisan dunha intervención cirúrxica. Así, ao peche do pasado ano, a comunidade galega situouse só por detrás do País Vasco (63 días), e da Comunidade de Madrid (51 días).
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Consello deu o visto e prace ao Plan de prevención de incendios forestais que estará en vigor ata marzo do 2025 e 'que estará dotado de 41 millóns de euros, un 6% máis que o anterior'. Entre outros fitos, este plan 'prevé actuar en máis de 60.000 hectáreas e case 5.000 puntos de auga'. Entre as principais novidades está o obxectivo da Xunta de avanzar na prevención dos lumes mediante o uso da gandaría en extensivo.
O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) colaboran ao longo deste ano 2024 nun programa de actividades para dar visibilidade ao vínculo entre a arte e a ciencia. O obxectivo é descubrir relacións que non sempre son evidentes pero que historicamente determinaron cambios nas metodoloxías de traballo de ambas as disciplinas, favoreceron a implementación de novas ferramentas e contribuíron a modificar as perspectivas. Neste contexto, e co gallo do Día Mundial da Cuántica, este domingo preséntase no centro museístico compostelán a peza Salto cuántico, encargada polo CESGA, entre outras actividades.
Galicia rexistrou 47.099 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior, o que o converte no segundo ano con máis descargas eléctricas da serie ao estar só por detrás dos 47.937 detectados en 2017. Máis polo miúdo, houbo 77 días de treboada, destacando o mes de xuño con 15 días; maio, con 13, e setembro, con 12. Así, o mes de xuño destaca con 16.640 raios, o 35% do total do ano, mentres que, en setembro e maio, se rexistraron 13.675 e 13.583, respectivamente. O día con maior número de raios detectados foi o 9 de setembro, con 10.204 descargas. Nesa xornada, Galicia atopábase baixo a influencia dunha extensa zona de baixas presións relativas en superficie acompañada por unha depresión en altura ao noroeste da Península.
Un modelo de intelixencia artificial da cantante, presentadora e actriz Ana Kiro representará a Galicia co equipo PAMP! e a canción Florespiña no AI Song Contest, a Eurovisión mundial da intelixencia artificial, que se desenvolverá o sábado 4 de novembro na Coruña. O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS) encargouse de realizar a xeración de voz, o que implica a recreacion da fala normal e cantada desta artista finada no ano 2010.
O Festival Maré, que terá lugar en Santiago de Compostela entre este mércores 20 e o domingo 24 de setembro, anuncia a incorporación de novos artistas ao seu cartaz, así como o tributo Celebrando a Kepa Junkera, coa presenza do artista vasco, ou actividades como cine e un obradoiro de escrita creativa impartido por Ugia Pedreira e Nuno Pico, de Grande Amore.
A terceira edición do Festival Go!Go!Zo! porá o broche a case catro meses de actividades culturais tras reunir preto de 500 amantes da música no Monte do Gozo os vindeiros 23 e 24 de setembro para celebrar os seus tradicionais Combos Musicais e Macroactuación. Antes de pechar esta edición, o domingo 17 de setembro celebrará unha xornada especial de carácter solidario con actividades para toda a familia a favor do Banco de Alimentos de Santiago.
A vixésimo terceira edición do Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo desenvolverase do 23 ao 25 de novembro baixo o lema Mantras para a formación, a orientación e o emprego na interseccionalidade social, tecnolóxica e persoal.
Queremos potenciar ideas de impacto positivo no eido social e medioambiental. Con estas palabras definiu o delegado do reitor para a Transferencia do Coñecemento, Luis Otero, a meta que a USC persegue a través do programa ICARUS que este mércores 13 entregou os seus premios dirixidos a recoñecer a aplicación social e económica dos resultados de traballos fin de grao (TFG), e mestrado (TFM), así como das teses de doutoramento.
Presentouse a programación completa de Guerrilla no Concello de Pontevedra. Nela participarón Demetrio Gómez, Concelleiro de Cultura; Manuel Roxo, representante de Culturactiva e Mercedes Peón, artista que participará este co seu espectáculo Osmose. Xuntas achegáronnos en primicia a esencia da programación. Guerrilla cumpre tres anos en Pontevedra e celébrao coa súa programación máis extensa e ambiciosa.
A internacionalización como clave para facer fronte ás dificultades na captación de estudantes derivadas do reto demográfico, a renovación dos cadros de persoal docente e investigador, a LOSU e o financiamento. Estas son as principais claves que marcarán o presente e o futuro das universidades galegas, como quedou patente no acto oficial de inauguración do curso 2023/2024 do Sistema Universitario Galego.
Unha nova exploración arqueolóxica da Cova Eirós, situada na parroquia lucense de Cancelo (Triacastela), proporciona datos novidosos sobre a Prehistoria das montañas luguesas. Os traballos desenvolvidos ao longo deste verán dan continuidade e amplían as escavacións precedentes dos niveis do Paleolítico medio e permiten documentar as manifestacións de arte rupestre no seu interior.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, reuniuse con representantes da comunidade islámica en Galicia, para informarlles da aprobación, por parte do Goberno galego, do novo de
Tal e como lles trasladou o conselleiro na xuntanza, a nova norma presta especial atención ás implicacións que o dereito á liberdade relixiosa ten respecto desta materia, contendo unha regulación expresa para aqueles enterramentos que, por motivos confesionais, teñan que realizarse en contacto coa terra.
O Recorda Fest fixo hoxe públicos os horarios dos 14 concertos que se celebrarán durante os días 8 e 9 de setembro no Peirao de Batería da Coruña. O venres a apertura de portas será ás 16:30 horas, e o sábado ás 16:45 horas. Despistaos será o grupo encargado de inaugurar un festival para todas as idades e que conquistará a pequenos e maiores, nun show de 17:00 a 18:00 horas. A continuación, será Miss Caffeína quen se suba ó escenario, de 18:30 a 19:30 horas.