Archivo (2 del 2023)

Buscador

Noticias

O catedrático da USC na EPS de Enxeñaría e vicepresidente da división de froitos secos da Sociedade Internacional de Ciencias Hortícolas (ISHS), Santiago Pereira, coordina o congreso que reunirá en Lugo investigadores de todo o mundo do 26 ao 29 de xuño.
Que unha persoa galegofalante poida interactuar co mundo dixital na súa lingua precisa do desenvolvemento da tecnoloxía que o faga posible e para que esta tecnoloxía entenda e fale galego son necesarias gravacións de voces (datasets), que permiten adestrar os algoritmos de intelixencia artificial que usan os axentes conversacionais por voz, en dominios como, por exemplo, a saúde ou os trámites administrativos, que resultan especialmente necesarios no caso das persoas maiores ou con algunha discapacidade.
O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolle, os días 9 e 10 de marzo, as xornadas sobre a Web: Creatividade Científica, Innovación Tecnolóxica e Sociedade, que organiza o Centro de Investigación en Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía en colaboración coa Sociedade de Lóxica, Metodoloxía e Filosofía da Ciencia de España.
Datos, electrónica e toponimia serán os tres eidos temáticos sobre os que pivotará a primeira Nerd Nite de 2023. A Nave de Vidán acollerá o vindeiro 22 de febreiro, a partir das 20.30 horas, a próxima sesión destas charlas científicas, coordinadas polo catedrático da USC Jorge Mira, onde especialistas dialogan co público das disciplinas que lles apaixonan fóra do ámbito académico, nun ton distendido e en horario nocturno.
A Universidade da Coruña e a plataforma EDUCA organizan por sexta vez consecutiva o Congreso Mundial de Educación EDUCA 2023. Un congreso que terá lugar no Campus de Elviña entre os días 2 e 4 de marzo. A día de hoxe xa está confirmada a participación de máis de 400 profesionais da educación procedentes de diferentes lugares de España e outros países como Portugal, EEUU., México, Perú ou Costa Rica.
O festival SonRías Baixas anunciou hoxe as datas da súa vindeira edición, marcada neste 2023 polo seu 20 aniversario. O evento desenvolverase os días 3, 4 e 5 de agosto ao longo de tres días que apostarán, un ano máis, pola unión da música en directo, a gastronomía, e o ambiente de praia e natureza de Bueu, Pontevedra.
A nova vaga de actividades do programa 'Faíscas culturais' permitirá que o lume da cultura siga a espallarse polas aulas universitarias e prenda no currículo académico do alumnado. A través desta iniciativa, a USC introduce, nas clases de diversas materias, proxectos artístico-pedagóxicos que serven de ancoraxe para a reflexión e o debate.
A revista Minius. Historia, Arte e Xeografía, acaba de lanzar o seu número 27, estando xa dispoñible na rede para a súa descarga de balde. Nas súas 470 páxinas, esta publicación do Departamento de Historia, Arte e Xeografía da Universidade de Vigo recolle un total de 13 artigos e tres reseñas que abranguen áreas moi diversas, desde a arqueoloxía á xeografía.
A proxeria, tamén coñecida como síndrome de Hutchinson-Gilford, é un trastorno xenético progresivo, extremadamente raro, que acelera o envellecemento dos nenos e que comeza nos primeiros dous anos de vida. Un equipo do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS), liderado por Ricardo Villa Bellosta, acaba de obter financiamento para investigar durante dous anos esta rara enfermidade.
'Juana de Vega, Condesa de Espoz y Mina (1805-1872): facer no século' é a mostra organizada pola Fundación Juana de Vega con motivo do 150 aniversario do falecemento da coruñesa e que pode visitarse ata o 5 de abril no claustro alto do Colexio de Fonseca da USC. Juana de Vega desenvolveu unha intensa actividade benéfica e social, unha muller progresista e liberal, avanzada para a súa época, que deixou unha gran pegada non só na cidade da Coruña senón tamén en toda Galicia e resto do Estado.
« Anterior | 2  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (143)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES