Archivo (8 del 2016)

Buscador

Noticias

Cristina Pato non para. Logo de impatir un curso de verán na prestixiosa Universidade de Harvard, ven de comezar unha xira con Yo-Yo Ma e the Silk Road Ensemble por dez cidades americanas que se extenderá ata o 27 dese mes. Ademais, continúa coas presentacións por todo o mundo do documental The Music of Strangers, do que é coprotagonista, que está a colleitar excelentes críticas.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou, durante o transcurso dos actos conmemorativos da LXIV Edición da Festa do Viño Albariño, que o albariño é un gran “embaixador do noso” e afirmou que se trata dun “galego internacional” que non teme compararse con outros viños. Con esas verbas Feijóo cualificou a este caldo como un produto con valor engadido que acopia tradición, esforzo e unha visión do mundo característica, persoal pero intransferible.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) presenta hoxe unha nova serie de vídeo-experiencias, nas que 12 empresas galegas expoñen o proceso e as vantaxes de incorporar solucións tecnolóxicas nos seus modelos de negocio.
Es el evento más consolidado del surf internacional en España. También el de mayor categoría del circuito de la World Surf League (Liga de Surf Mundial) y el más antiguo de nuestro país. El Pantín Classic Galicia Pro cuenta sus días para echar al agua su 29ª edición del 30 de agosto al 4 de septiembre en la playa ferrolana de Pantín, en el concello de Valdoviño, provincia de A Coruña (Galicia).
Encárgase de organizar este evento que constitúe unha das mostras de luthería máis antigas da península e que terá lugar os días 6 e 7 de agosto no marco incomparable do Festival de Pardiñas (Guitiriz- Lugo). Consagrada xa como a máis antiga e importante da Península Ibérica, esta mostra abre de novo a fiestra para amosar durante a fin de semana o traballo e o bo facer dos 30 artesáns participantes, que nos agasallan en cada un dos seus instrumentos cun traballo minucioso, preciso e necesario para que a nosa música goce da boa saúde que ten na actualidade.
O Festival terá lugar do 5 ao 14 de agosto en Lorient (Bretaña Francesa). A Banda de Gaitas da Asociación Cultural “Cántigas e Frores” formará parte da delegación galega no Festival Interceltique de Lorient que se celebrará na Bretaña Francesa do día 5 de agosto ao 14 de agosto. Este encontro musical intercéltico celebra a súa 46 edición cunha especial adicatoria a Australia.
A versión galega desta coñecida comedia de Molière estrearase o 23 de setembro no Salón Teatro de Santiago, onde poderá verse ata mediados de outubro para iniciar a continuación unha xira que se prolongará ata finais de ano. Casilda Alfaro, César Cambeiro, Antela Cid, Xoán Fórneas, Mónica García, Marta Lado, Roberto Leal, Rebeca Montero, Alejandro Saá e Patricia Torres conforman o elenco elixido nun proceso público de selección.
« Anterior | 4  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (151)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES