Archivo (11 del 2016)

Buscador

Noticias

A Escola de Turismo Itinerante impartirá en novembro novos cursos para os restaurantes do Camiño de Santiago sobre a importancia da gastronomía na cultura xacobea en Galicia. O curso enmárcase no programa "Profesionalización no Camiño" con atención ao peregrino.
A valedora do pobo, Milagros Otero Parga, quere chamar a atención sobre a necesidade de reforzar a vixilancia dos botellóns que se están a rexistrar na comunidade nas últimas semanas e sobre todo sobre a presenza de menores nestas concentracións. Di que son os concellos, como administración máis próxima, en debe sensibilizar aos mozos.
A principal novidade é o espazo As TIC para TI, con información dos servizos e recursos dixitais dispoñibles por temáticas. Incorpora un buscador e no espazo ADG, orientado ao sector TIC, pódese atopar toda a información vinculada ás iniciativas da política sobre a Axenda Dixital de Galicia2020.
El ciudadano ilustre, dirixida por Gastón Duprat e Mariano Cohn, narra en clave satírica o retorno dun escritor arxentino, gañador do Nobel, á súa vila natal 40 anos despois de emigrar a Europa. O que se prevé como unha viaxe de pracer devén nunha tensa situación. Compostela inaugura, así, o 30º Festival Cineuropa ata finais de novembro en sedes como Numax, CGAC, Afundación, Salón Teatro e Teatro Principal.
Pepe Solla, Javier Olleros, Xoán Crujeiras, Taky e Héctor López preparan un prato espcífico co que se compón un menú de cogomelos que se degustará no restaurante do Centro Superior de Galicia (CSHG). A iniciativa, que nace da colaboración de Galicia co Congreso Soria Gastronómica, foi presentada en Compostela.
A Adminitración galega e o clúster de nutrición e alimentación traballan cos profesionais da saúde e distintas persoas que coñecen o tema da obesidade infantil, “nunha posta en común dos nosos medios e coñecementos. O noso obxectivo é encarar o problema de forma conxunta, e interviñendo sobre os diversos factores de risco.
Entre as 30 películas da sección Oficial, atópanse dúas producións con participación galega: Mimosas, que se estrea en Galicia, e María (y los demás). Outras trece fitas exhibiranse dentro do Panorama Audiovisual Galego, unha das 18 seccións arredor das que se articula o certame, que este ano lle renderá tributo a Carlos Saura, Lola Dueñas e Chema Prado.
A Xunta reserva a este colectivo seis prazas de emprego público, e na Oferta de Emprego deste ano o Goberno galego aumentou a 33 o número de prazas. Para desenvolver este proceso, a Consellería de Facenda está a colaborar coas organizacións Fademga e Down Galicia.
O Concello de Compostela marcouse o obxectivo de "relanzar o Premio Manuel Beiras, darlle maior visibilidade e conseguir que a súa imaxe sexa recoñecible na cidade". Para iso, vaise poñer en marcha unha campaña de divulgación, con mupis, carteis e vídeos para a difusión en redes, que tratará de crear intriga ao redor do certame.
« Anterior | 4  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (143)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES