Buscador
Noticias
O festival, que se celebrará o 9 e 10 de setembro no Monte do Gozo de Santiago, conta co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo e da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. O evento pechará o seu cartel con novas incorporacións de grupos internacionais como os británicos Bad Manners e The View.
Cultura e Turismo publica o número 20 da revista do Turismo de Galicia centrada no parque arqueolóxico da arte rupestre de Campo Lameiro. Inclúe, tamén, reportaxes sobre Os Ancares e O Rosal.
A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, que será a pregoeira da feira, destacou que se trata dun evento vitivinícola de marcada personalidade e que supón unha maridaxe perfecta, a do turismo e a enoloxía.
A Cidade da Cultura de Galicia pon en marcha un programa de visitas e de obradoiros didácticos para facer accesible o contido das súas exposicións a todos os públicos. Un guía especializado explica de xeito pedagóxico o contido das mostras temporais do Gaiás.
Entregáronse na Casa de Galicia en Madrid os diplomas a personalidades galegas que triunfaron na capital española. O conselleiro de Presidencia da Xunta destacou as súas achegas para mellorar o país con modelos propios. Ábrese un camiño de recoñecemento ao vencello de persoas e institucións con Galicia.
Os filmes e producións audiovisuais realizados en lingua galega colectan unha boa receptividade nos países do ámbito lusófono. Non obstante, a escaseza de plataformas e espazos para o acceso dende estes países aos produtos culturais galegas dificulta a súa circulación fóra de Galicia.
A montaxe do Centro Dramático Galego, A ópera dos tres reás, permanecerá dúas semanas na carteleira do Teatro Fernán Gómez da capital española, entre o 21 e o 31 de xullo. Dirixida por Quico Cadaval e protagonizada por Luis Tosar, a montaxe considérase un fito para o teatro galego.
Máis de 30 profesores e persoal administrativo da universidade debaten sobre o presente e o futuro do plan de financiamento universitario no seminario O financiamento das universidades públicas, novos desafíos inaugurado polo conselleiro de Educación da Xunta.
A XXIII edición da Cata dos viños de Galicia 2011 congrega un total de 185 caldos nun encontro que remata o xoves 21 de xullo cunha cata final. Outras 16 marcas compiten na XIII Cata de Augardentes. O evento conta coa participación dos cinco consellos reguladores das denominacións vinícolas.
O Rexistro Galego de Comercio contará polo momento con tres seccións, de comerciantes, de venda ambulante e de asociacións de comerciantes, que está á disposición dos cidadáns a través da web da Consellería que pretende convertilo nun instrumento eficaz para a modernización do sector.