Buscador
Noticias
O público infantil e familiar será un dos grandes protagonistas da programación Camiños da Cultura 2011 con 322 representacións e concertos especificamente dirixidos aos espectadores máis novos.
A exposición Como nos miran, baseada nos fondos da colección permanente do CGAC, inclúe tamén obras da Colección Fundación Arco. A mostra está integrada por obras de 24 artistas que xiran arredor da mirada como nexo de unión entre o autor e o espectador. Pódese ver ata o 18 de outubro.
A directora do Xacobeo asegura no XXIII Encontro Compostelán, celebrado en Perugia (Italia), que as asociacións e confrarías de peregrinos son as auténticas embaixadas xacobeas. O encontro pechouse coa investidura dos novos confrades e a entrega de credenciais para a súa viaxe a Compostela.
A Axencia achega este ano 5 millóns de euros ao sector a través dos investimentos comprometidos para 2011 nas convocatorias dos últimos catro anos. O prazo de presentación de proxectos esténdese ata o 30 de xuño.
Na sesión participan a actriz Charo López e os escritores Jesús Ferrero e Alfredo Conde. Inclúe a proxección do documental GTBxGTB, producido por Acción Cultural Española (AC/E), sobre a vida do escritor ferrolán.
O Consello Galego de Universidades informou favorablemente a proposta de educación para un incremento mínimo das taxas e suscribe o mantemento do calendario das probas de selectividade. O Máster Universitario en profesorado contará con 775 prazas, das que 100 son as ofertadas pola UNED.
A campaña extractiva do polbo en Galicia remata ás 16:00 horas do venres 27 de maio e reábrese o 4 de xullo ás 06:00 horas, según a resolución da Consellería do Mar. O levantamento das nasas foi consensuado co sector.
Esta declaración da acuicultura como sector de interese público permitrá artellar en Galicia un marco normativo áxil, impulsar a formación de I+D e apoiar proxectos viables e respetuosos co sector. Tamén implica entrar no Plan Estratéxico da UE e posibilitará a recuperación do liderazgo por parte do sector. Mantéñense as datas de presentación do Plan Director da Acuicultura de Galicia.
Tras el anuncio del cambio de fechas de abril a septiembre, el proyecto presenta el tráiler del documental en el que se recogen los momentos más importantes de la primera entrega del Museo Urbano de Arte Urbano (MUAU).
O conselleiro de Cultura da Xunta avanzou no Parlamento galego que se elabora un Plan de Acción inmediato para o audiovisual que será presentado este ano e que recollerá as sensibilidades e necesidades dos magníficos profesionais que temos nesta terra. Asegura, tamén, que a Xunta traballa nunha única política audiovisual totalmente unificada.