Buscador
Noticias
Os XIII Encontros para a Normalización Lingüística teñen neste edición, entre os seus principais centros de interese, o papel dos concellos na promoción do uso do galego. A Xunta agradece ao Consello da Cultura Galega a súa adhesión á Rede de Dinamización.
O director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos presentou na Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina unha conferencia do escritor Víctor Freixanes sobre o autor mindoniense e Cándido Pazó avanzou o seu espectáculo "Cunqueiradas".
No 50 aniversario da publicación de Memorias dun neno labrego, Neira vilas animou aos alumnos a exercitar unha morriña creativa, creadora e gabou o proxecto dun colexio que lle permite conversar con alumnos arxentinos en galego.
Na conmemoración do Día Internacional do Libro celebrouse un acto na Biblioteca de Galicia onde se puxo de manifesto a importancia da industria editorial galega e a necesidade de seguir poñendo en valor o libro como un medio de propagación da cultura e do coñecemento.
O espazo promocional da Xunta de Galicia, en colaboración co Centro Galego de Bos Aires, ofrece a posibilidade de achegarse ás novidades dun total de 15 editoriais galegas. A delegación galega desenvolver diferentes actividades para consolidar a presenza do libro galego no exterior.
Feijóo felicita aos alumnos galegos que participaron na Olimpiada Nacional de Formación Profesional, na que conseguiron 4 medallas de ouro, 4 de prata, 4 de bronce, e 3 premios á excelencia.
O valor da produción da agricultura ecolóxica certificada medrou un catro mil por cento na última década en Galicia. A facturación deste sector na Comunidade galega acada actualmente os 17,1 millóns de euros e a superficie inscrita supera as 14 mil hectáreas.
A iniciativa insírese no plano de formación continua do Centro Dramático Galego e está organizada en colaboración coa USC. O discípulo do fundador da pantomima moderna afonda no método Decroux, das representacións actuais simbólicas, abstractas ou surrealistas.
Os alumnos da Escola de Imaxe e Son elaboraron o primeiro movie map da comunidade galega, no que se sinalizan os lugares do Courel e A Fonsagrada nos que se gravou o filme Romasanta. Este proxecto forma parte as xornadas que se celebran entre o 28 e 30 de abril.
A Consellería de Economía e Industria realizou un investimento de máis de 45.000 euros nesta Mostra, a través da Dirección Xeral de Comercio e da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño. Desenvólvese ata o 24 de abril.