Buscador
Noticias
Presentáronse as primeiras conclusións do I Estudo Xénero e Discapacidade: Aproximación á situación das mulleres con discapacidade en Galicia. Elas protagonizan a campaña da Xunta para o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.
Agadic colabora co Primavera Sound na organización de seis showcases de bandas galegas na área profesional do festival. Os grupos seleccionados tocarán a finais de maio diante de público especializado de diferentes países.
No Salón Teatro de Santiago de Compostela, e no marco dun acordo de intercambio co Centro Dramático Galego, a compañía portuguesa Teatro Oficina representa Rua Gagarin sobre un texto de Burke.
A Fundación Galicia Europa presenta na USC a Guía de prácticas e saídas profesionais na UE e organizacións internacionais. Trátase dunha recompilación e síntese das bolsas que se ofrecen aos xóvenes universitarios.
Coa campaña Vive en galego, a Xunta quere dar a coñecer recursos tecnolóxicos para a actividade profesional e de lecer en galego. Vía Lync, os internautas poden ver a presentación dos últimos produtos de Microsoft en galego.
El Palacio de Congresos de Compostela acoge el 26 de febrero el I Encontro Anual de Social Media en Galicia, Compostweets 2011, que fue presentado en la Cidade da Cultura. Transmitir a empresas e instituciones la importancia de su presencia en redes sociales como fortaleza de marca, entre los objetivos del evento.
Sarabela Teatro pon en escena o venres, 25 de febreiro, no Teatro Municipal de Tui a obra titulada Konrad ou o neno que saíu dunha lata de conservas. Trátase dunha comedia infantil con 60 minutos de duración.
A Consellería de Cultura e Turismo e Avanced Music promoven a segunda edición do Festival Internacional de Música Avanzada-Sónar 2011, no que M.I.A., unha figura clave no panorama actual da música electrónica, ofrecerá as súas únicas actuacións en España.
Os cociñeiros Taky Rodríguez e Héctor López utilizaron xénero co distintivo de calidade de PescadeRías nas 8 receitas que elaboraron ante 90 profesionais durante unha sesión de cociña en directo que se complementou cun taller de viños e tapas con productos do agro no Fórum Gastronòmic de Girona.
O punto de partida da iniciativa é unha canción e videoclip do grupo Jabón Blue, que conta coa participación do actor Manuel Manquiña. Distribuiranse un total de 10.000 exemplares de CDs e DVDs con este tema musical que poderá descargarse en www.xuventude.net.