Archivo (12 del 2011)

Buscador

Noticias

Esta iniciativa, encadrada na área de formación do Consorcio Audiovisual, en concreto como unha extensión singular do seu programa Audiovisual nas Aulas, celébrase na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra.
O Parlamento de Galicia reúne aos ex presidentes da Cámara galega e da Xunta de Galicia na sesión solemne conmemorativa do 30º aniversario desta institución. A presidenta Pilar Rojo pide "afianzar a súa dimensión de servizo público" e "actualizalo".
O Centro Coreográfico deseña e interpreta unha das pezas de “A Sinfonía das Fábulas” para o concerto de Nadal da Banda de Silleda. A coreografía está inspirada na fábula de Esopo “A lebre e a tartaruga”, unha composición para banda de música asinada pola estadounidense Julie Giroux.
A Secretaría Xeral para o Deporte fixo pública a lista dos galardoados cos Premios Deporte Galego 2011 que se entregan o 27 de decembro en Ferrol. O triatleta Javier Gómez Noya, a futbolista Verónica Boquete, o adestrador do Obradoiro Moncho Fernánde e o xornalista Fernando Hidalgo, entre os premiados.
As pezas que se poden contemplar no MUPEGA son recordos do traballo infantil das xeracións anteriores, que reflicten o seu esmero diante do rigoroso exame da inspección educativa do que eran obxecto. Ofrece, tamén, un repaso pola historia da educación en España desde dentro.
O Congreso Lois Pereiro, organizado pola Real Academia Galega, conta coa participación de grandes escritores e expertos en literatura galega para analizar a obra e a vida do poeta monfortino no que será "un punto e aparte nos actos de homenaxe das Letras Galegas 2011".
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Presidencia, destaca o valor do escudo, a bandeira e o Himno de Galicia como elementos de unión e de identificación dos galegos, durante a conmemoración do 30º aniversario dos símbolos de Galicia logo da aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia en 1981.
“O primeiro Dicionario Xurídico Galego é unha obra monumental coa que a nosa lingua acode a unha nova cita coa historia”, afirmou o conselleiro de Educación Xesús Vázquez que presentou esta obra promovida por Política Lingüística e a Revista Xurídica Galega.
Con 750 atletas inscritos, a 12ª edición Cross Megaxove superou tamén a cifra histórica de participantes. Megaxove pecha as súas portas tras catro días de actividade. Expourense agradece a implicación e o esforzo da trintena de federacións e asociacións que fixeron posible esta edición.
O novo dramaturgo Marcos Abalde gaña o XX Premio Álvaro Cunqueiro coa súa aposta polo teatro poético en “A cegueira”. Paula Carballeira, coa obra “O refugallo” obtivo o VI Manuel María de literatura dramática infantil, do que xa fora a súa primeira gañadora en 2006. Agadic anunciou, así, os nomes dos autores recoñecidos na edición 2011 dos galardóns de literatura dramática.
« Anterior | 2  de  3 | Siguiente »

Archivo

2026 (154)

2025 (339)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES