Buscador
Noticias
O Centro Andaluz de Teatro ofrece entre o 1 e o 3 de decembro, no Salón Teatro de Compostela, catro funcións de La noche de Max Estrella, en coprodución co CDG. Trátase dunha proposta escénica a partir de Luces de Bohemia, de Valle-Inclán, no 75 aniversario do pasamento do escritor.
O contratenor francés Philippe jaroussky, o máis importante dos cantantes barrocos actuais, actúa o 4 de decembro na Coruña no marco do ciclo Grandes Voces do Galicia Classics. O seu concerto baséase en arias de óperas de G.F. Händel como Xulio César, Agripina e Xerxes, entre outras.
O día 1 de decembro de cada ano, a xoiaría está de celebración, co motivo da festividade do seu Patrón, San Eloi.
O Consorcio Audiovisual de Galicia encabeza a presenza galega en Arxentina con 14 empresas audiovisuais que establecerán contactos de cara á coprodución de proxectos e á busca de novos formatos.
A Fundación Vicente Risco vén de entregar á Xunta de Galicia as copias dixitalizadas de manuscritos, debuxos, libretas de notas e demais material empregado por Vicente Risco para o seu almacenamento na Cidade da Cultura. Protexer e difundir o rico legado bibliográfico e documental que alberga esta institución é o principal obxectivo deste acordo.
Conseguir unha aplicación práctica rendible dos coñecementos adquiridos en Facultades como esta é un dos retos aos que nos enfrontamos en Galicia no futuro inmediato, afirmou o presidente da Xunta durante a conmemoración do 30º aniversario da Facultade de Física da USC.
O profesor Ignacio Castro, coa charla A lentitude fulminante. De Lao Zi a Nietzsche, e Joxerra Garzía, coa ponencia Pílulas de sabedoría popular: do refrán ao tweet, abren e pechan o Laboratorio de pensamento breve na CdC.
Abre en Expourense o alón do Moble, Fogar, Decoración e Antigüidades: Mi Casa 2011. Achegar ás empresas aos seus clientes en momentos de crise é a principal aposta deste evento do sector do moble, considerado sector estratéxico na provincia de Ourense.
A Xunta avanza que a nova Lei de bibliotecas de Galicia permitirá un novo modelo de biblioteca para que poida traballarse en rede e para que poida avanzarse na idea dunha verdadeira biblioteca pública de Galicia dixital. A nova norma permitirá que os galegos accedan ás 456 bibliotecas públicas da comunidade.
Creada, dirixida e interpretada por Cristina Balboa e Paulina Funes, a montaxe xunta diferentes liñas de traballo para dialogar sobre o imaxinario amoroso e des-amoroso. As dúas performers íspense emocionalmente para crear unha peza que nace da confluencia de cadansúa forma de expresión escénica.