Buscador
Noticias
O conselleiro de Economía e Industria avanzou que TalentGalia forma parte dunha estratexia de Goberno destinada á incorporación de investigadores de alto nivel de excelencia e reiterou o compromiso da Xunta co desenvolvemento eficiente da I+D+i en Galicia.
Javier Guerra ven de remitir unha nova carta ao vicepresidente da Comisión e Comisario Europeo da Competencia, Joaquín Almunia, na que advirte das graves consecuencias que a aprobación do regulamento tería para o sector en Galicia.
Emigración e Consello da Cultura Galega asinan un convenio que tamén contempla a edición do Almanaque Gallego 1918-1927, e a dixitalización da documentación sobre a emigración galega en Brasil.
Encadrada no Camiño Infantil do Xacobeo 2010, a mostra poderá visitarse nas instalacións do Museo do Pobo Galego ata o 30 de setembro. Trátase dunha selección das creacións artísticas dos 25.000 escolares de Francia, Portugal e España que participaron nos obradoiros de Os Contos do Camiño.
Xacobeo Classics trae por primeira vez a Compostela o 21 de setembro á mezzosoprano Angélika Kirchschlager. A actuación desenvolverase no Teatro Principal, ás 21.00 horas, e englóbase no XI Ciclo de Lied.
O presidente da Xunta subliña que o plan inclúe a primeira lei da historia da autonomía de Galicia para o colectivo xuvenil e adianta que será presentada no primeiro semestre de 2011. Xuventude 2013 é calificado de plan coordinado e consensuado.
O Salón regresa ó calendario feiral de Expourense e celebrará a súa 13ª edición os días 6 e 7 de novembro. Ofrecerá un completo programa de conferencias e obradoiros e un show de perruquería a cargo do equipo artístico de KIN Cosmetics.
Baixo o lema 200 años de Iberoamérica (1810-2010), en conmemoración do Bicentenario das Independencias, celébrase ata o 18 de setembro na USC o XIV Encontro de Latinoamericanistas Españois que reúne máis de 300 especialistas de 22 países.
Más de 120 empresas gallegas participarán en las misiones plurisectoriales de carácter estratégico a México, Rusia, Colombia, Brasil y Marruecos con el objetivo de afrontar el último trimestre de 2010 reforzando sus acciones estratégicas en mercados de gran crecimiento.
A sala de exposicións da Xunta de Galicia en Lugo acolle a mostra de carteis presentados ao Certame convocado polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá para elexir o cartel anunciador da 32ª Semana de Cine de Autor. O valencián Martín Fores é o autor do cartel gañador desta edición.