Buscador
Noticias
A través do programa Creativa, a Agadic aposta pola participación de artistas e de proxectos lusos na Mostra de Teatro de Ribadavia. Inclúe a exhibición dos traballos dos colectivos Pia e Circolando, e un encontro con Joao Pedro Vaz.
Sobre unha imaxe captada en tempo real a través dun móbil, engadirá información contextual sobre programación, albergues e puntos de interese relacionados co Camiño de Santiago neste Xacobeo.
Seis escenarios de Santiago acollen do 18 ao 21 de outubro a exhibición de 18 espectáculos galegos e tres de fóra de Galicia ante axentes culturais de toda a Península. Desenvolverase un programa paralelo con showcases de danza.
O Instituto da Lingua Galega e a Real Academia Galega organizan o Curso de Lingua e Cultura Galegas para Estranxeiros e Españois de fóra de Galicia, nos que xa participaron máis de 2.200 alumnos e alumnas. Nos cursos de Verán da USC aprenden galego máis de 80 estudantes de 27 países.
A nova web de iMit fomenta a participación cidadá a través dun foro sobre temas de actualidade e dispón dunha canle multimedia. As fotos publicadas son xa accesibles desde Flickr e proximamente terá presenza nas redes sociais Facebook e Twitter.
O Teatro Principal acolle o venres 9 de xullo a presentación da Escola de Circo da Estrada, tres relatorios e a proxección do documental Mashi: trasi que trasi! Peter Punk, Pedro Correia, Circolando e Duelirium, entre os participantes deste evento.
Igualdade destacou a necesidade de recuperar o legado das galegas que, como Sofía Casanova, tiveron que superar moitos prexuízos sociais para dedicarse a tarefas consideradas como non femininas. Colaborará na posta en valor do papel de mulleres descoñecidas da historia, da literatura e da cultura.
O Goberno galego habilitará un centro de prensa internacional, elaborará un plan de emerxencias e a TVG subministrará a todo o mundo as imaxes da visita do Papa Benedicto XVI. Unha oficina coordinará as actuacións coa Santa Sede e o Arcebispado.
Galicia acolle, por primeira vez, a Xornada dos Institutos Históricos de España que reúne ata o xoves 8 de xullo a case un centenar de participantes no Museo Pedagóxico en Santiago de Compostela. O presidente do Consello da Cultura Galega ofreceu a conferencia inaugural.
A mostra Ars Itineris-A viaxe na arte contemporánea aglutina ata o 10 de outubro a obra de 16 artistas. Destaca a do galego José Freixanes que, nunmanto de 160 metros composto por retais de roupa de persoas nadas fóra de España, reflicte a convivencia e diversidade de culturas no Camiño.