Buscador
Noticias
A Xunta aprobará a 2014 Axenda Dixital de Galicia que establece as liñas para que as TIC sexan unha peza clave na recuperación económica e define as políticas tecnolóxicas en converxencia coa estratexia europea.
O presidente da Xunta asegura que con esta obra, de máis de 28 quilómetros e 150 millóns de euros, reducirá o traxecto entre as localidades de Sarria e Monforte de Lemos a 17 minutos e di que esta infraestrutura estará en 2011.
O programa África Vive trae e Santiago de Compostela aos bailaríns Ciré Beyè e Auguste Ouedraogo que amosan o potencial artístico e o traballo creativo da danza contemporánea africana.
O valencián Martín Fores Sanz é o autor do cartel anunciador da XXXII Semana de Cine de Lugo, logo de gañar o concurso convocado polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá a través de Internet.
A mostra From I to J xorde da admiración da directora de cine Isabel Coixet pola obra de John Berger, un dos principais pensadores do século XX. A mostra recrea a historia dunha muller, Aida, que escribe cartas ao seu namorado, Xavier, que está encarcerado.
A Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia investiga o ataque informático contra a súa páxina web. O boicoteo perxudicou á cidadanía galega que non puido acceder á información desta Consellería. Na páxina principal apareceu unha fotomontaxe de Núñez Feijóo cunha moeda de euro sobre cada ollo, billetes de 500 euros na boca e un billete de dólar ardendo na man.
Turgalicia e Turespaña promoven xornadas de traballo entre axentes nipóns e empresarios do sector turístico galego co fin de promover o posicionamento de Galicia como destino turístico estratéxico.
A Consellería de Medio Ambiente inviste case 2,5 millóns de euros en actuacións do Plan Hurbe en concellos das catro provincias galegas que buscan mellorar a calidade dos espazos públicos urbanos.
A Xunta de Galicia garantirá a accesibilidade e a mellor conservación da Muralla de Lugo na procura de solucións óptimas e compatibles coa integridade do monumento Patrimonio da Humanidade.
No marco do ciclo Xacobeo Classics, a soprano Cristina Gallardo-Domâs e a orquestra Gaos colaboran na gravación dun novo disco de cancións galegas entendido como unha aposta segura pola excelencia creativa en torno a coñecidos temas como Lela, Negra Sombra ou María Soliña.