Buscador
Noticias
A Unión Europea foi, é, e será sempre unha gran oportunidade para quen saiba e queira aproveitala. Así o manifestou o presidente da Xunta, Núñez Feijóo, na inauguración da campaña da Comisión Europea Sabe lo que la Europa Social puede hacer por usted?
O conselleiro de Cultura presentou o concerto de Jean Michel Jarre no Obradoiro como unha actuación en directo dun dos mellores artistas do panorama musical dos últimos 35 anos. Jarre ofrece en Galicia o único concerto da súa xira europea en España.
Tres TAC, un gammacámara, dous aceleradores e un PET permitirán que os pacientes oncolóxicos de Lugo podan ser atendidos sen necesidade de desprazarse a Santiago, a Coruña ou a Vigo. Presentouse o novo hospital que terá 869 camas e 19 quirófanos.
O ciclo que se proxecta no CGAC ata o 28 de xullo enmárcase dentro do proxecto cultural Beijing Time. A hora de China e complementa á exposición sobre arte contemporánea chinesa que se expón na capital galega.
Begano S.A. (Coca Cola) asina coa Xunta de Galicia un convenio de patrocinio por importe dun millón de euros para o Xacobeo 2010 o que, según o conselleiro, demostra a implicación desta grande empresa co amplo e ambicioso proxecto que supón o Ano Santo para toda Galicia.
O ciclo adicado a Van Sant e promovido polo CGAI comeza o día 7 de xullo coa proxección de Todo por un soño, a película pola que Nicole Kidman gañou un Globo de Ouro á mellor actriz. O cine filipino preséntase o 1 de xullo coa película Turumba. Javier Rebollo presenta o filme A muller sen piano.
A programación de Circo Europa-I Encontro Jeunes Talents Cirque Europe presenta no Salón Teatro de Santiago de Compostela o espectáculo Mi otro yo, da formación hispano-belga Doble Mandoble que crea unha nova maneira de abordar a maxia, fusionándoa coa manipulación de obxectos.
A Xunta de Galicia, a Fundación Albéniz e Atos Origin firmaron o acordo polo que o Mestre Péter Csaba dirixirá obras de Haydn, Wagner e Strauss interpretadas no ciclo Xacobeo Classics promovido por Cultura.
Máis de 5.000 persoas mercaron a súa entrada para o concerto que Mark Knopfler dará o 28 de xullo en Santiago dentro do Xacobeo 2010. As localidade están á disposición do público en Caixa Galicia, El Corte Inglés e Ticketmaster.
Representantes de 10 asociacións profesionais de redeiras e a Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao debaten os seus problemas nunha xornada de traballo.