Archivo (4 del 2010)

Buscador

Noticias

Trátase do proxecto Glossa, que presentaron o director territorial de Telefónica en Galicia e Asturias e o responsable de Política Lingüística. A secretaría xeral e a compañía de telecomunicacións tamén anunciaron un convenio de colaboración que contribúa a promover o uso do galego nos servizos que ofrece Telefónica.
A primeira botella da serie está dedicada a Campus Estelae (Compostela), e dela comercializaranse 75.000 unidades. Presentada unha colección exclusiva de seis botellas sobre etapas relevantes do Camiño de Santiago.
Xacobeo Importa trae por primeira vez a Galicia ao rapeiro americano Raekwon que actuará o 14 de maio na Sala Capitol de Santiago de Compostela. Achegar ao público galego artistas internacionais de referencia en pequenos espazos, obxectivo deste ciclo.
As máscaras da compañía alemá Familie Flöz presentan a comedia negra Hotel Paradiso que combina humor, misterio e melancolía nunha historia que comeza cando a aparición dun cadáver racha a aparente tranquilidade dunha idílica hospedaría.
Presentouse na Casa de Galicia en Madrid a celebración do 23 de abril ao 2 de maio da XV Semana Gastronómica do Marisco Xuntanza en Alcobendas, convidando ós amantes do marisco.
En colaboración con todos os axentes implicados a través dun plan de acción dotado con 800.000€, fomentarase o uso do software libre en Galicia. Destinaranse 265.000 euros a promover 60 accións das asociacións galegas de usuarios e empresas de software libre e das tres universidades.
A USC acolle unhas xornadas de debate sobre distintos retos do século XXI, entre eles as reivindicacións dos libres espazos para a difusión e a circulación de productos audiovisuais nun contexto multimedia e de redes.
A Xunta de Galicia promove a iniciativa ÁgoraLibros. Os libros nas prazas, na que se empregarán 100.000 volumes para escribir de forma simultánea estrofas do poema de Rosalía en Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
A mostra Santiago, punto de encuentro. Obras maestras de la Catedral de Santiago y Caixa Galicia preséntase como un inédito diálogo entre a arte sacra e a plástica moderna.
A aula CeMIT de Santiago acolleu a primeira das actividades organizadas pola Secretaría Xeral de Medios con motivo do 25 aniversario da CRTVG: o home do tempo Santiago Pemán fixo un percorrido pola súa traxectoria.
« Anterior | 2  de  5 | Siguiente »

Archivo

2026 (148)

2025 (339)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES