Buscador
Noticias
María José Vaamonde Quinteiro, estudante de 16 anos, gañou o premio especial do público do Concurso de Carteis Anunciadores da 34ª Festa do Queixo de Arzúa, que se celebra os días 13, 14 e 15 de marzo.
Na Facultade de Ciencias da Educación de Compostela exhíbese ata o 28 de xaneiro a mostra Unha ollada ao Camiño Primitivo de Santiago elaborada por internos e funcionarios do cárcere de Bonxe.
La localidad pontevedresa ha sido elegida entre varias ciudades españolas para celebrar cinco campeonatos de España, entre el 6 de junio y el 13 de septiembre de 2009.
A web municipal informará mensualmente do ránking de preferencias, do caché dos artistas e das xestións realizadas na nova canle de comunicación que recolla as aportacións dos veciños.
As novas convocatorias de axuda dirixidas a empresas e entidades sen fin de lucro para a extensión do uso das tecnoloxías da información e da comunicación aumentan un 46% sobre o ano pasado.
Do 10 ao 31 de xaneiro exhíbense os traballos presentados na Capela da Madalena de Arzúa. O xurado valorará especialmente a creatividade. O cuarto premio elexirase por votación popular.
A evolución da prensa e o papel que xogou o nacionalismo galego ao longo do século XX foi un dos eixos vertebradores da exposición da catedrática de Comunicación Audiovisual da USC. A charla enmárcase no ciclo de conferencias A Galiza das Irmandades.
A USC, a través desta oficina, coordina o aloxamento en familias compostelás dos estudantes extranxeiros que participan nos cursos internacionais tanto en verán coma no resto do ano.
Os artesáns e obradoiros artesáns interesados en participar deberán presentar as súas candidaturas entre o 1 e o 18 de abril de 2009 na Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.